Jaunty vai ser (é) a caña
Non sei si recordaredes as miñas desavenencias coa actual versión de Ubuntu, Intrepid Ibex. A verdade é que xa estaba a comenzar a cansarme da actual politica de versións de Ubuntu, e incluso estiven probando outras distros tales como OpenSuse, Fedora e Mandriva, sendo esta última a que mais me convenceu. Pero gracias a deus, cando mais mosca estaba con Ubuntu, deume por probar unha das Alphas da 9.04 polo tema do Ext4, e ¡¡¡Bum!!!, hostiazo na cara, por dudar.

Esta última versión funcioname de coña, mellor ainda que 8.10, e sendo unha alpha. Cada vez que actualizo atopo cousas novas e ben feitas. Resumirei un pouco e comentareinas por orde de importancia para min:
- Agora podo instalar Ubuntu no ordenador de sobremesa da miña casa, cousa que antes non podía con Intrepid por problemas coa miña gráfica (ATI HD2600 Pro 512MB AGP), que non me mostraba nada na pantalla. Tiña que instalar a 8.04 e actualizar a distribución para que me collera os axustes graficos anteriores. Agora en cambio ata podo instalar o driver propietario e ter aceleración 3D e efectos copiz no escritorio. Nun principio traballaba co driver “vesa” (ao menos traballaba con algo), pero coas actulizacións constantes, e cansandome de reportar erros no launchpad, o final todo parece arreglado e funcionando coma nunca.
- O maldito Network Manager non gardaba os cambios se tiñas IP fixa e cada vez que reiniciabas había que meter as IP’s de novo. Aparte ten unha interfaz que é moi comoda para as redes inalambricas, pero que para o caso que vos comento é penosa. Ainda que esto último non o correxiron, polo menos agora SI garda os cambios, polo que o tema da interfaz xa da igual, pois so o hai que facer unha vez.
- O sistema de Archivos Ext4 é verdadeiramente mais lixeiro que o anterior Ext3, notando que o equipo tarda bastante menos en arrancar e a apertura de aplicacións, ou a transferencia de archivos é mais rápida. Ademais, ata diría que o equipo agora consume menos recursos.
- Antes cando borrabas os archivos dun pendrive, por exemplo, tiñas que desmontar o volume para que estos se vaciaran de verdad, e logo volver a montalo para usalo de novo. Agora mandalos a papeleira, e simplemente o vaciala xa se eliminaron os archivos.
- O novo sistema unificado de notificacións está moi currado e agradecese que sexa o que é, unificado. Ademais todas as aplicacións de Gnome que se estan desenrolando estan a cambiarse para utilizalo (por exemplo emesene “crazy” ou o magnifico Listen 0.6 na última versión do svn )
- Novos temas gráficos de Ubuntu moito mais agradables a vista que Human coas suas horribles cores. Dust Sand acaba de convertirse no meu tema, e Dust e New Wave están moi currados.
- Computer Janitor limpa o noso pc dos paquetes que non precisamos dunha forma facil e rápida.
Supoño que ainda ten algún as gardado na manga para sacar antes da versión final (teño entendido que queren incluir un formateador de unidades flash, que a verdade é que facía falta), pero so con todas estas correccións e novidades para min e mais que suficiente. Estou contento co meu Ubuntu, e gracias a esta versión conseguiron que recuperara a confianza nesta xente, pois a verdade e que a tiña bastante perdida.
2 commentsProblemas con Intrepid Ibex
A verdade é que estou bastante decepcionado ca nova versión de Ubuntu. Ó que se supuña que ía ser “la repera” o final non fai mais que dar dores de cabeza. Contovos…
Cando a distro estaba en periodo de proba (incluso na RC) xa tiña problemas para arrancar o LiveCD, o cal xa era un pouco mosqueante, pero confiaba que na versión final se solucionasen. O caso é que na miña casa non podo instalar a nova de Ubuntu por que para empezar xa non podo nin ver as X, pois quedase a pantalla en negro e logo apagase, coma se non recoñecera a gráfica (ATI Radeon HD2600Pro AGP). Mala sorte, dixen, a probar no choio…
No choio si puiden instalala, pero a cousa xa comenzou mal, pois os gráficos so me daban unha resolución máxima de 800×600 cando o monitor é un LCD de 19″ que vai a 1280×1024, e iso co driver nv, pero si pomos os drivers propietarios, a cousa empeora, pois pasa a ter unha resolución de 640×480. Un pouco mosqueado, dixen, “bueno, menos mal que nos queda Portugal” e fun a buscar a aplicación de configuración de gráficos e monitores que se utilizara nas duas últimas versións de Ubuntu (displayconfig-gtk), e que tan ben funcionaba (polo menos a min), sendo a miña solpresa que no está, e que a alternativa estaba en Sistema->Preferencias (mala señal)-> Resolución de Pantalla, o cal non serve case para nada, por que o unico para o que serve e para cambiar as resolucións que che detecta o sistema. Decidin descargar o paquete dos repositorios, e nada, non esta nos repositorios de Hardy.
Antes simplemente cando había problemas co monitor so había que seleccionar un monitor xenérico da resolución do que se ten e problema solucionado. O final tiven que coller o “xorg.conf” da instalación de Hardy Heron, e todo funcionou ben…bueno, todo o da parte gráfica por que non remataron ahí os problemas.
Ca nova versión do Network Manager tan chula que so parece pensada para as redes inhalámbricas (para configurar unha rede cableada volveste tolo buscando donde se pon en manual, xa que teño IP fixa, aparte de que a introducción dos datos en fila é un autentico coñazo), teño un problema bastante simple pero chungo a vez. O problema é que non salva os axustes das IP manuais, e eso conleva que cada vez que reinicio ou apago o ordenador, perdo a configuración e hay que volver a introducir de novo os datos….mala cona que o pariu… Despois de comerme a cabeza mirando multiples posts nos Foros de Ubuntu, parece que polo de agora non hay solución (se alguién o sabe que por favor me axude).

O que non entendo é como se pode sacar esta versión a calle cos fallos garrafais que ten. Creo que ubuntu está mais preocupada en sacar constantes novidades que en perfeccionarse. So fai falta ver o articulo de Phoronix para darse conta desto. ¿Que é mais importante o rendemento e a ausencia de fallos, ou a constante implementación de novidades a costa de calquera cousa? Eu penso como persoa que traballa todos os dias con este SO que o primeiro é esencial, pero parace como si a peña de Ubuntu estivese demasiado preocupada por captar novos adeptos…
Como decía un compañeiro de traballo, Ubuntu debería replantexarse a sua estratexia e sacar unha versión o ano, pero sacala megatesteada, comprobada coas betas e alphas que fagan falta para que cando chegue a todos nos non ahia mais que felicitacións é empezar a traballar con ela canto antes en vez porse a buscar solucións para fallos. Como decía o creador do Quake o Doom, John Carmack, cada vez que lle preguntaban pola data de saida dos seus xogos, “It’s Done when It’s Done”. Eu a verdade e que estou dacordo con esto, e penso que a “versionitis” non sempre fai que as cousas melloren.
Espero que saquen unha revisión desta distro (como a 8.04.1) na que se corrixan eses problemas o antes posible. Esperemos que saia esa revisión, senon Jaunty Jackalope…. Das duas formas a esperar toca.
No commentsAle, a baixarse a Cabuxa Intrepida
Bueno, como seguro que xa sabedes de sobra, e lestes en 500 blogs e páxinas (eu non ía ser menos), xa está dispoñible a nova versión do Sistema Operativo GNU/Linux mais coñecido, Ubuntu 8.10 Intepid Ibex. Trae bastantes melloras e cousas novas que o fan moi interesante para actualizarse coma o Nautilus con pestañas, o Xorg 7.4 ou a actualización do Network Manager.
Para todos aqueles que o queiran baixar tomade o enlace da páxina de descargas (con todos os servidores):
No comments


