Karmic e os repositorios
Sempre foi un autentico coñazo o tema de actualizar os repositorios, e maldito tema das claves GPG. Ata o de agora en Ubuntu había duas formas diferentes de añadir repositorios. Unha era abrir o archivo /etc/apt/sources.list, e añadir manualmente a liña do repositorio. Logo había que añadir coa consola a clave GPG e actualizar con sudo apt-get update.
Outra forma de facelo era graficamente indo o menú en Sistema-> Administración-> Orixes do Software e ir a pestana Outro Software. Logo había que meter a clave GPG en Autenticación.
Calquera dos dous métodos é un autentico tostón, pero na próxima versión de Ubuntu, Karmic Koala (que por certo teño a beta instalada dende fai mais de 15 dias e vai xenial) temos outra opción moito mais sinxela. Simplemente temos que saber o nome do repositorio no PPA e añadilo cunha simple liña de código nunha consola. Engadirá automáticamente a clave GPG. A liña en cuestión é:
sudo add-apt-repository ppa:Nome_Repositorio
Se quixesemos facer esto de forma gráfica podemos facelo en Orixes do Software, na pestana Outro Software e engadir:
ppa:Nome_Repositorio/ppa
O mais caralludo de todo esto é que, con este novo sistema non modificamos o sources.list orixinal, senon que crea un directorio sources.list.d dentro do cal garda, unha por unha, as novas entradas dos repositorios. Esto é moi positivo, por que o archivo orixinal non é modificado por si ocurrise algún problema.

Fonte: GENBETA
1 comment¿Validación de claves GPG de forma automática?
Seguro que estas mais que farto dos tipicos mensaxes de erro o actualizar os teus repositorios de Launchpad por culpa de que faltan certas claves GPG. Para evitalo, acabo de ler en Ubuntu Life que existe un script que valida as claves automáticamente, e que tamén alguén fixo un paquete .deb para facilitar mais as cousas. ¿A que esperades para instalalo?


