O coche de Google Maps en Vigo

November 10th, 2009 | Category: Caralladas Varias, Tecnoloxía, Xeral, software

Pois si, parece que google vai a retratar as ruas e estradas da nosa cidade. Esta mañán nas inmediacións do Aeroporto vinno cos meus propios ollos o sair eu da Autopista. ¿Cando poderemos disfrutar de este estupendo (e polémico) servizo? Polo menos parece que xa están co primeiro paso.coche_google

No comments

Seica Google vai sacar un Sistema Operativo

July 09th, 2009 | Category: GNU/Linux, Informática, Software Libre, software

A que se vai montar pro ano que ven cando Google empece a meter caña de verdade a competencia con Sistemas operativos. Segundo estiven lendo en diferentes blogs e páxinas sobre tecnoloxía, o Google Chrome OS, que así é como parace que se chamará o invento, estará montado sobre o noso kernel favorito (linux, por si acaso) e será open source (a estas horas debe haber xente en Redmond con ataques epilépticos). Polo que parece traballará como unha extensión natural do navegador, accedendo directamente as aplicacións de Google na nube. Parece ser que se creará un sistema de ventanas novo para Chrome OS (¿un sistema de ventanas como as X ou un tipo de Escritorio como Gnome?), e apps completamente novas.

chrome

Polo que parece Chrome OS liberará o seu código a comunidade a finais deste ano e a mediados do ano que ven, empezará a verselle o pelo en Netbooks, para pasar mais tarde a equipos de escritorio e portátiles.

Unha cousa está clara, esto é unha autentica patada nos webs de Micro$oft, e non tanto a Apple (a esos hai que darlles de comer a parte)…. pero ¿serao tamén para GNU/Linux?. Espero que non se convirtan no monopolio dos sistemas Linux, como lle atribuían fai ben pouco a peña de Ubuntu. Eu, dende o meu punto de vista, opino que esto é totalmente positivo, e estou desexando que saia o “mercado”.

No comments

Google xa traduce ó Galego

February 27th, 2009 | Category: Software Libre, Tecnoloxía

Acabo de ver en NoticiasTech que o navegador mais famoso acaba de incluir o soporte para a traducción de textos e páxinas web o galego, ou do galego a outro idioma, así como a posibilidade de buscar páxinas escritas en galego. Para acceder a este servicio so tendes que premer no enlace de ferramentas lingüisticas da páxina de inicio de Google, ou premer no seguinte enlace: Traducir ó Galego.

Unha boa noticia para todos (ou case todos) os galegos. Será un monopolio, pero menuda diferencia con outros…

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking