Nova versión do mellor reproductor: Listen 0.6.3

July 30th, 2009 | Category: GNU/Linux, Software Libre

Acaba de sair unha nova versión do meu reproductor de archivos de audio favorito, LISTEN. Tratase da 0.6.3, que corrixe moitos bugs e ten as seguintes cambios :

-soporte para replaygain (solo lectura)
-soporte para magnatune
-soporte para listas de reproducción psf
-menor uso de memoria
-moitos bugs correxidos

Este programa escrito para GNOME conta con incontables virtudes  como a descarga automática de caratulas, a organización dunha biblioteca de archivos de audio, as listas dinámicas de reproducción, visualización de letras das cancións, así como a información en Wikipedia, estatísticas, radio online, AudioScrobbling  e información de Last.FM,  e moitas cousas interesantes mais.

O mellor que podedes facer e probalo vos mesmos (non vos deixedes enganar pola apariencia externa do programa). Se queredes facelo  tendes os paquetes .deb, ou senón o código fonte para compilar.

logolisten

Noutras ocasións falei deste programa:

Listen está de volta

¿Qué pasa con Listen?

1 comment

Listen está de volta (Actualizado)

March 12th, 2009 | Category: GNU/Linux, Software Libre, software

Acabo de ver na páxina oficial de Listen que acaban de publicar a primera versión candidata da 0.6, a cal contén moitas e interesantes novidades entre as que destaca a inclusión do sistema de plugins, o crossfade, e poder grabar o que se está a reproducir.

Para quen non coñeza este magnífica aplicación decir que se trata dun reprodutor de musica pensado para entornos de escritorio Gnome, que pretende ser unha alternativa a outro dos grandes, Amarok.

O paquete que vos podedes baixar é o código fonte, polo que tendes que compilalo. Para elo tendes que usar tres simples comandos na consola, entrando primeiro na carpeta onde se atopen os archivos. Os comandos son os seguintes:

sudo make clean

sudo make    (probablemente vos pidan varias dependencias que podedes instalar con Synaptic)

sudo make install

E si todo vai ben, Listen tería que estar perfectamente instalado, ainda que si vos son franco (con minúscula) a min dame o seguinte erro o executalo dende unha consola:

Traceback (most recent call last):
File “listen”, line 77, in <module>
from vfs import makedirs
File “/usr/lib/listen/vfs/__init__.py”, line 24, in <module>
from vfs.monitor import FileMonitor
File “/usr/lib/listen/vfs/monitor.py”, line 27, in <module>
from pyinotify import ThreadedNotifier, WatchManager, ProcessEvent, EventsCodes
ImportError: No module named pyinotify

O problema xa está reportado na páxina oficial. A ver si aparece a solución.

————————————————————————————–

Apareceu a solución: somentes hay que instalar o paquete python-pyinotify:

sudo apt-get install python-pyinotify

No comments

Ale, a baixarse a Cabuxa Intrepida

October 30th, 2008 | Category: GNU/Linux, Software Libre, Ubuntu

Bueno, como seguro que xa sabedes de sobra, e lestes en 500 blogs e páxinas (eu non ía ser menos), xa está dispoñible a nova versión do Sistema Operativo GNU/Linux mais coñecido, Ubuntu 8.10 Intepid Ibex. Trae bastantes melloras e cousas novas que o fan moi interesante para actualizarse coma o Nautilus con pestañas, o Xorg 7.4 ou a actualización do Network Manager.

Para todos aqueles que o queiran baixar tomade o enlace da páxina de descargas (con todos os servidores):

Ubuntu 8.10 Intrepid Ibex

No comments

¿Será momento de pasarse a KDE?

December 13th, 2007 | Category: GNU/Linux, Software Libre

Non, non me volvín tolo. Ata o de agora sempre me considerei (e considero) Gnomeiro, pero onte tiven a oportunidade de probar a "release candidate 2" do novo KDE 4 nun LiveCD de OpenSuse, e a verdade e que me gustou moito. Atopo varios aspectos positivos nesta versión do escritorio, aparte doutras cousas, como pode ser:

- O consumo de recursos un 39% menor que a version anterior ca actual, cifra que ainda pode ser mellorada na versión oficial. É bo pensar que non teremos que ir pensando en cambiar de equipo para traballar de forma fluida, senon todo o contrario. De todas formas, ¿consumirá menos que Gnome?

- Todo esta moito mais ordenado e vistoso ca antes, con efectos moi chulos.

- KDE e un proxecto de desenrolo europeo, e GNOME é americano. Ainda pra mais hai que oir perlas por parte do señor Icaza defendendo o estandar "aberto" de Microsoft, o OOXML.

kde4rc2

¿Será o momento de pasarse a KDE? Por suposto haberá que probala e reprobala antes de lanzarse a instalala. Esperaremos a versión final o 11 de Xaneiro …o que si está claro e que a peña de Gnome ten que porse as pilas senon vanlle comer as papas.

2 comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking