Google xa traduce ó Galego

February 27th, 2009 | Category: Software Libre, Tecnoloxía

Acabo de ver en NoticiasTech que o navegador mais famoso acaba de incluir o soporte para a traducción de textos e páxinas web o galego, ou do galego a outro idioma, así como a posibilidade de buscar páxinas escritas en galego. Para acceder a este servicio so tendes que premer no enlace de ferramentas lingüisticas da páxina de inicio de Google, ou premer no seguinte enlace: Traducir ó Galego.

Unha boa noticia para todos (ou case todos) os galegos. Será un monopolio, pero menuda diferencia con outros…

No comments

Galinux, un linux 100% galego (actualizado 2 veces)

December 10th, 2008 | Category: GNU/Linux, Informática, Software Libre, Tecnoloxía, Ubuntu

Veño de ler en Mancomun unha boa nova, boisima. A Consellería de Innovación e Industria presentará mañá, 11 de Decembro  o sistema operativo en galego desenvolvido polo Centro de Referencia e servicios de Software Libre e a comunidade galega de software libre. O acto será no Hotel Porta do Camiño (R/ Miguel Ferro Caaveiro s/n. Santiago de Compostela) e o aforo é limitado, polo que si queredes asistir tendes que reservar sitio na seguinte dirección de correo antes das 14:00 do dia de hoxe: eventos@mancomun.org. Mais info no enlace que vos puxen de mancomun.

Por certo, estou a descargar unha live cd para ver que tal esta. Se vos apetece probala pinchade aquí para ir a web do proxecto. Decir que está baseada en Slax (Slackware) e está pensada para ser usada nos centros de ensino galego.

Por último decir que van a ter que pagarme dereitos de autor polo nome da distro, xa que apunteino no seguinte post do mes de Agosto do ano pasado (jajajaja, é broma, en realidad estou moi contento por esto)

Actualizado: Acabo de probar a versión LiveCD co VirtualBox e a verdade é que non está mal. As aplicacións que utiliza son moi sinxelas e consumen poucos recursos, a pena e que usa KDE (para gustos, eu prefiro GNOME)

Actualizado 2º: A versión que vos comentei antes non sei de donde saiu, pero a que está agora na páxina oficial está baseada en Ubuntu 8.04 (Hardy) ?¿?¿?¿?¿? e teño que probala aver que tal esta vez. Continuo…. Bueno, que basicamente é unha Hardy completamente traducida o galego, sin ningunha diferencia reseñable a parte de que o cliente de correo é Thunderbird en troques de evolution, e ata os repositorios son os de Ubuntu mais un de Mancomun

Imagen de previsualización de YouTube

No comments

Caralladas sen Fronteiras: o Blog do meu irmau

November 20th, 2008 | Category: Caralladas Varias, Xeral

Dende fai algún tempo o meu irmau (xa sei que escribín irmau en vez de irmán, pero é así como falo) é colaborador escribindo artículos para o diario galego online xornal.com. Agora está a recopilalos todos nun blog, aparte dalgunha cousa mais.

Se vos interesa a politica internacional dende un punto de vista galego, non deixedes de pasarvos polo seu blog. Aquí tendes o enlace:

Caralladas sen fronteiras

Un saudo

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking