¡Xa está aquí Jaunty Jackalope!

April 23rd, 2009 | Category: GNU/Linux, Software Libre, Ubuntu, software

Hoxe mesmo, e como prometera a xente de Cannonical, está connosco a nova versión de Ubuntu (9.04), con importantes novidades, entre as que destaca o soporte para ext4, novos temas (probade Dust Sand), novo gdm e Splashscreen, mellor xestion de dispositivos flash, un Network Manager que agora funciona, Computer Janitor para limpar a instalación de paquetes obsoletos e inservibles, tempos de arranque mais rápidos, e moitas novidades mais.

Dende o meu punto de vista tratase da mellor versión de Ubuntu con diferencia e sin ningun tipo de duda. Recomendo a todo mundo actualizar a nova versión, a poder ser co novo sistema de ficheiros ext4, xa que gañaran en velocidade. Para todos os que queirades descargala pasadevos por:

http://www.ubuntu.com/getubuntu/download ou pulsade no banner cuadrado que tendes a dereita desta noticia.

No comments

Jaunty vai ser (é) a caña

March 23rd, 2009 | Category: Tecnoloxía, Ubuntu

Non sei si recordaredes as miñas desavenencias coa actual versión de Ubuntu, Intrepid Ibex. A verdade é que xa estaba a comenzar a cansarme da actual politica de versións de Ubuntu, e incluso estiven probando outras distros tales como OpenSuse, Fedora e Mandriva, sendo esta última a que mais me convenceu. Pero gracias a deus, cando mais mosca estaba con Ubuntu, deume por probar unha das Alphas da 9.04 polo tema do Ext4, e ¡¡¡Bum!!!, hostiazo na cara, por dudar.

Esta última versión funcioname de coña, mellor ainda que 8.10, e sendo unha alpha. Cada vez que actualizo atopo cousas novas e ben feitas. Resumirei un pouco e comentareinas por orde de importancia para min:

  1. Agora podo instalar Ubuntu no ordenador de sobremesa da miña casa, cousa que antes non podía con Intrepid por problemas coa miña gráfica (ATI HD2600 Pro 512MB AGP), que non me mostraba nada na pantalla. Tiña que instalar a 8.04 e actualizar a distribución para que me collera os axustes graficos anteriores. Agora en cambio ata podo instalar o driver propietario e ter aceleración 3D e efectos copiz no escritorio. Nun principio traballaba co driver “vesa” (ao menos traballaba con algo), pero coas actulizacións constantes, e cansandome de reportar erros no launchpad, o final todo parece arreglado e funcionando coma nunca.
  2. O maldito Network Manager non gardaba os cambios se tiñas IP fixa e cada vez que reiniciabas había que meter as IP’s de novo. Aparte ten unha interfaz que é moi comoda para as redes inalambricas, pero que para o caso que vos comento é penosa. Ainda que esto último non o correxiron, polo menos agora SI garda os cambios, polo que o tema da interfaz xa da igual, pois so o hai que facer unha vez.
  3. O sistema de Archivos Ext4 é verdadeiramente mais lixeiro que o anterior Ext3, notando que o equipo tarda bastante menos en arrancar e a apertura de aplicacións, ou a transferencia de archivos é mais rápida. Ademais, ata diría que o equipo agora consume menos recursos.
  4. Antes cando borrabas os archivos dun pendrive, por exemplo, tiñas que desmontar o volume para que estos se vaciaran de verdad, e logo volver a montalo para usalo de novo. Agora mandalos a papeleira, e simplemente o vaciala xa se eliminaron os archivos.
  5. O novo sistema unificado de notificacións está moi currado e agradecese que sexa o que é, unificado. Ademais todas as aplicacións de Gnome que se estan desenrolando estan a cambiarse para utilizalo (por exemplo emesene “crazy” ou o magnifico Listen 0.6 na última versión do svn )
  6. Novos temas gráficos de Ubuntu moito mais agradables a vista que Human coas suas horribles cores. Dust Sand acaba de convertirse no meu tema, e Dust e New Wave están moi currados.
  7. Computer Janitor limpa o noso pc dos paquetes que non precisamos dunha forma facil e rápida.

Supoño que ainda ten algún as gardado na manga para sacar antes da versión final (teño entendido que queren incluir un formateador de unidades flash, que a verdade é que facía falta), pero so con todas estas correccións e novidades para min e mais que suficiente. Estou contento co meu Ubuntu, e gracias a esta versión conseguiron que recuperara a confianza nesta xente, pois a verdade e que a tiña bastante perdida.

2 comments

Dispoñible Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope Alpha 5

February 27th, 2009 | Category: Informática, Tecnoloxía, Ubuntu

Mentras que esperamos pola versión definitiva da distribución mais coñecida para Abril, a peña de Cannonical deixanos caer estas versións muy previas do que será a versión oficial. So vos digo que agora mesmo teño instalada para traballar a Alpha 4 actualizada a diario (non llo recomendo a ninguén, pois ten ainda bastantes fallos), e a verdade e que parece que se puxeron as pilas con esta versión, pois vai coma un tiro e inclue moitas novidades entre as que destacan:

-Soporte para sistema de ficheiros Ext4, co que se consigue aumentar a velocidade de acceso do sistema os discos duros e baixar o consumo de recursos. A verdade que se nota moito.

-Versión 1.6 do servidor gráfico X.org que ten importantes melloras na detección de tarxetas e dispositivos de apuntamento.

-Notificacións unificadas do sistema e dos programas incluidos na distribución. Tendes un exemplo aquí

-Optimización do tamaño das fontes do texto según a resolución do monitor. Esto polo menos a min deume xa algún problema co tamaño, xa que o cambiar a resolución quedabanseme as letras moi pequenas. Podese cambiar o dpi das letras en Sistema -> Preferencias -> Apariencia -> Tipografias e premendo en Detalles.

-Versión do kernel Linux 2.6.28

A verdade e que esta vez si vale a pena probala, sobre todo se formateades con EXT4, pois notaredes bastante diferencia. Se quededes descargala premede no seguinte enlace: Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope Alpha 5

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking