Adeus Automatix, Adeus…

March 27th, 2008 | Category: Software Libre, Ubuntu

Parecía algo cantado, e finalmente ocorreu. A verdade e que con cada versión de Ubuntu, o programa Automatix tiña menos sentido. Para os que non coñezdes este programa decirvos que hay un par de anos era unha aplicación moi socorrida que facilitaba moitisimo a instalación de programas, codecs,  plugins e drivers en Ubuntu. Agora Ubuntu xa conta con xestores de instalación de codecs nos programas que os utilizan, xestores de controladores restrinxidos e a ferramenta de Agregar e quitar programas suple o resto.

A xente de Automatix seguirá dando soporte para as versións do seu programa por uns meses, pero non haberá versión para Hardy Heron. Polo que lin por ahí, unironse a peña de Ubuntu para colaborar no desenrolo deste último. 

automatix

FONTES: UBUNTIPS e ENTRE TUXES Y PEPINOS

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking