Duas boas novas
Vaiamos por partes:
A primeira delas é que xa foi pubricada a versión 8.04 Hardy Heron Alpha 1 de Ubuntu (seguro que xa estades hasta as narices de leelo en todo-los blogs habidos e por haber, pero eu non son menos…), e decir que polo de agora non ten moitas novidades, ainda que a maís chamativa é realmente importante. Cando saiu a versión actual xa se incluira a versión 7.3 do X.org, pero non dera tempo a integrala ca ultima versión do x.server (1.4) garantizando un bó funcionamento (ainda así non funciona moi ben que digamos, é unha opinión persoal). O xuntar estos dous elementos conseguimos soporte para RandR 1.2 e o hot plugging de periféricos de entrada, non so de saida, así como un mellor funcionamento cando usamos monitores duais (que me digan como facelo cunha matrox g400).

A parte de esas melloras, inclue tamén as últimas versións de programas como o GIMP (2.4.2), e a versión 2.21.2 de GNOME. Non hai cambios no Kernel quedandonos no 2.6.22.14. Podedela descargar no seguinte enlace:
Ubuntu 8.04 Hardy Heron Alpha 1
A segunda é que xa saiu a versión 1.0.0 do driver RadeoHD para tarxetas ATI. Recordamos que este é o famoso driver libre desenrolado por peña de ATI/AMD e Novell. Este driver ainda esta en bragas e so se recomenda usar para facer probas xa que ainda non soporta aceleración 2D nin 3D, tampouco XVideo, HDMI nin TV; pero xa soporta a autodetección de monitores (o hotplugin) e reconfiguración dinámica, soporte para paneis VGA, DVI, DMS-59 e de laptop, ademais de ser totalmente compatible con RandR 1.2, e parcialmente con RandR 1.3. A ver si o tema desde driver vai polo bo camiño, pois antes tiña unha 9800 XT e remato de comprar unha HD2600 Pro, si é que non aprendo…. Aqui tendes un sitio para baixala:

Fonte: AGNIX
No comments

