Emesene, por fin podemos enviar archivos!!!!
Os que usamos o messenger a diario (no meu caso mais que nada por motivos de traballo), sabemos que é unha ferramenta super util. En GNU/Linux temos varias alternativas, das que as mais salientables son o PIDGIN, que permite a conexión nun so programa e a vez de varios protocolos de mensaxería instantanea (por exemplo podes ter o msn, yahoo e gmail a vez); o AMSN, que quizais sexa o mais desenrolado e completo de todos, pero que adoece dun rendemento moi pobre e multitude de colgues; e por último o EMESENE, que ten as ventaxes de ser moi lixeiro en recursos, ser bastante estable, pero que ata o de agora non permitía enviar archivos, o que tiraba para atras no seu uso.
Na versión 1.0 que acaba de sair fai nada podemos disfrutar de esa caracteristica, pero aparte temos outras caracteristicas importantes como unha boa cantidade de plugins, moitas opcións de personalización, navegación por pestañas nas ventás de conversación, e todas as caracteristicas básicas de Windows Live Messenger.

Se queredes instalar este "peacho de programa" e tendes Ubuntu ou derivados so tendes que abrir unha consola é escribir os seguintes comandos:
sudo gedit /etc/apt/sources.list
Na ultima liña añadides o repositorio de EMESENE:
###EMESENE
deb http://apt.emesene.org/ ./
Gardades o archivo sources list e despois tecleades:
sudo aptitude update
e por ultimo:
sudo aptitude install emesene
Todo listo, xa podedes iniciar e configurar o programa o noso gusto en Aplicacións –> Internet –> Emesene
No comments

