Pubricado Ubuntu 8.04 Hardy Heron Alpha 4
Durante o dia de hoxe poranse nos servidores a cuarta alpha da proxima versión de Ubuntu (quedan duas alphas mais e duas betas ate chegar a versión final no mes de abril). A parte dos notables cambios que xa mostraba a anterior alpha nesta hai tamen moitos, pero no referente os programas que utilizará a distribución. Os mais importantes son:
-Transmisión como programa P2P de Bittorrent, sustituindo gnome-btdownload. Este xestor de descargas bittorrent permite ter varias descargas simultaneas nunha soa ventana e cun gasto razonable de recusos en contraposición a outros xestores como por exemplo Azureus.
-Vinagre sustituirá a vino como programa de escritorio remoto, sendo este moito mais completo e comodo de usar con caracteristicas tales como gardar “marcadores” das conexións mais usadas, historial, pestañas das diferentes conexions, etc.

-Para grabar CD’s e DVD’s utilizaremos BRASERO en troques de Serpentine. O primeiro a pesar de ser moi sinxelo ten algunha opción mais (ainda que eu quedome con K3B de cabeza, a pesares de ser desenrolado para KDE)
- Reloxo Mundial no e poderemos ver a hora en diferentes cidades do mundo (¿?¿?¿?¿?…util?)
-GVFS: tratase dunha capa de abstracción do sistema de ficheiros virtual que sustituirá a Gnome-VFS. Permitirá pausar, retomar, dar privilexios a certas operacións baixo supervisión do PolicyKit. Tamén proporcionará unha mellora significativa con respecto o rendemento das operacións con ficheiros.
-A pestaña de recursos do Monitor do Sistema cambia de apariencia e agora presenta un aspecto moito mais claro e proporciona moita mais información
-Melloras na virtualización (KVM) adaptando a Ubuntu e mantendo oficialemte por ubuntu kernel, e incluido modificacións que permiten melloras na Entrada e Saida a os sistemas hospedes.
-Tamen se inclue o UFW (Uncomplicated Firewall), como sistema cortafogos de Ubuntu
Aqui tendes o enlace para descargar a Imaxe de CD de Ubuntu:
Ubuntu 8.04 Hardy Heron Alpha 4
FONTE: ENTRE TUXES Y PEPINOS
1 commentDuas de Ubuntu
A primeira das novas é que xa se liberoua a terceira Alpha do que vai a ser a esperada Hardy Heron (no mes de abril). As novidades que nos atopamos nesta versión previa son:
XORG 7.3: A inclusión desta nova versión mellorará sustancialmente a autoconfiguración dos dispositivos tales como gráficas, monitores, ratos, teclados, etc. Na Gutsy tratouse de facer coa versión 7.2 e a verdade e que foi un fiasco (falo do meu caso)
Versión 2.6.24-3.5 (2.6.24-rc6-based) do Linux kernel
PolicyKit: Permite personalizar as tarefas administrativas e asignarllas facilmente a usuarios normais. Isto deixarianos, por exemplo, asignar dereitos de formateo de pendrives a usuarios correntes, ou permitirlle instalar programas, cambia-la hora do sistema.
PulseAudio: Novo servidor de son, que entre outras moitas cousas permitenos, por exemplo, cambiar o volume de cada unha das aplicacións por separado.
Firefox 3 Beta 2: A nova versión deste fabuloso navegador ven cargada de novidades como un zoom moi mellorado que non so amplia o tamaño das letra, senon da estructura da páxina e das imaxes, a mellora dos marcadores, salvar as pestanas abertas nunha sesión ou resumir as descargas. Levoo usando dende que saiu a Beta 1 e a verdade e que vai de maravilla.
Para todos aqueles que queirades actualizar (recordade que é unha alpha e estará cha de bugs e cousas experimentais) dende a vosa versión so tendes que teclear esto nunha consola:






