Coñecendo un pouco sobre os servizos do noso sistema

December 18th, 2007 | Category: GNU/Linux, Software Libre

Onte dandome unha volta diaria por polos meus marcadores atopeime este artigo en AGNIX. Xa coñecía alguns dos servizos que nos presta o sistema opertivo de manuais de optimización, pero non todos. No artigo en cuestión hai un enlace a outro artigo en Inglés onde se describe cada un deles, explicandonos para que son e si podemos activalos ou desactivalos. Isto está moi ben por que nos permite aforrar parte dos recursos do noso ordenador e non estar dedicandoos a tarefas que non precisamos.

Por exemplo, no meu querido Ubuntu, podemos desactivar algúns deles en Sistema -> Administración -> Servizos, pero non todos. Para elo proponnos duas aplicacions de consola que nos facilitan moito ese traballo como sysv-rc-conf e sysvconfig. A primeira delas está moi ben por que nos permite desactivar estos servizos por Niveis de Execución, pero o segundo ten unha interface mais sinxela e axeitada.

sysvconfig
No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking