¡Xa está aquí Jaunty Jackalope!

April 23rd, 2009 | Category: GNU/Linux, Software Libre, Ubuntu, software

Hoxe mesmo, e como prometera a xente de Cannonical, está connosco a nova versión de Ubuntu (9.04), con importantes novidades, entre as que destaca o soporte para ext4, novos temas (probade Dust Sand), novo gdm e Splashscreen, mellor xestion de dispositivos flash, un Network Manager que agora funciona, Computer Janitor para limpar a instalación de paquetes obsoletos e inservibles, tempos de arranque mais rápidos, e moitas novidades mais.

Dende o meu punto de vista tratase da mellor versión de Ubuntu con diferencia e sin ningun tipo de duda. Recomendo a todo mundo actualizar a nova versión, a poder ser co novo sistema de ficheiros ext4, xa que gañaran en velocidade. Para todos os que queirades descargala pasadevos por:

http://www.ubuntu.com/getubuntu/download ou pulsade no banner cuadrado que tendes a dereita desta noticia.

No comments

Dispoñible Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope Alpha 5

February 27th, 2009 | Category: Informática, Tecnoloxía, Ubuntu

Mentras que esperamos pola versión definitiva da distribución mais coñecida para Abril, a peña de Cannonical deixanos caer estas versións muy previas do que será a versión oficial. So vos digo que agora mesmo teño instalada para traballar a Alpha 4 actualizada a diario (non llo recomendo a ninguén, pois ten ainda bastantes fallos), e a verdade e que parece que se puxeron as pilas con esta versión, pois vai coma un tiro e inclue moitas novidades entre as que destacan:

-Soporte para sistema de ficheiros Ext4, co que se consigue aumentar a velocidade de acceso do sistema os discos duros e baixar o consumo de recursos. A verdade que se nota moito.

-Versión 1.6 do servidor gráfico X.org que ten importantes melloras na detección de tarxetas e dispositivos de apuntamento.

-Notificacións unificadas do sistema e dos programas incluidos na distribución. Tendes un exemplo aquí

-Optimización do tamaño das fontes do texto según a resolución do monitor. Esto polo menos a min deume xa algún problema co tamaño, xa que o cambiar a resolución quedabanseme as letras moi pequenas. Podese cambiar o dpi das letras en Sistema -> Preferencias -> Apariencia -> Tipografias e premendo en Detalles.

-Versión do kernel Linux 2.6.28

A verdade e que esta vez si vale a pena probala, sobre todo se formateades con EXT4, pois notaredes bastante diferencia. Se quededes descargala premede no seguinte enlace: Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope Alpha 5

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking