Wicd Manager, un xestor de Redes como dios manda

March 02nd, 2009 | Category: Redes, Software Libre, Ubuntu

Dende que a peña de Ubuntu decidiu actualizar a versión do Network Manager en Ibex, non paro de ter problemas coas redes. É coma se de repente todo o mundo pasara a usar redes sen cables (para iso está moi ben), olvidandose da xente que usa conexións cableadas. En primeiro lugar a edición das redes cableadas con IP fixa e bastante incomoda pola forma de introducir as IPs, e en segundo lugar, e a mais importante, non sei por que razón non garda os cambios dunha sesión a outra. Xa cando vin que non pedía contrasinal para modificar os datos de configuración xa me temín o peor.

Ainda pra mais, na versión Alpha de Jaunty (perdoando que sexa unha alpha) nin deixa modificar e pon directamente a conexión como DHCP. Non podían deixar todo coma antes de Ibex….

Nun primero momento optei por desactivar o Network Manager e editar directamente o archivo de configuración de redes ( /etc/network/interfaces ) e logo o resolv.conf. Esta solución non é moi practica pero polo menos funciona.

Comentadolle o problema a un amigo recomendoume Wicd, un xestor moi sinxelo de usar e que non da nengún problema. E moi sinxelo de activar. So temos que desactivar a carga do Network Manager en Sistema -> Preferencias -> Configurar Aplicacións (ou sesións) e desmarcar a casilla do Network Manager (Xestor da Rede).

Logo simplemente hay que instalar o Wicd, non podía ser mais facil:

sudo apt-get install wicd

e logo reiniciamos o sistema. Debería cargarse correctamente e sairnos unha icona para ver o estado da rede na barra superior do escritorio. Pinchamos nela e sainos esta interfaz.

Xa so temos que configurar a conexión que vaimos a utilizar, e ZAS, funcionando de PM.

Superrecomendable

No comments

Problemas con Intrepid Ibex

November 07th, 2008 | Category: GNU/Linux, Software Libre, Ubuntu

A verdade é que estou bastante decepcionado ca nova versión de Ubuntu. Ó que se supuña que ía ser “la repera” o final non fai mais que dar dores de cabeza. Contovos…

Cando a distro estaba en periodo de proba (incluso na RC) xa tiña problemas para arrancar o LiveCD, o cal xa era un pouco mosqueante, pero confiaba que na versión final se solucionasen. O caso é que na miña casa non podo instalar a nova de Ubuntu por que para empezar xa non podo nin ver as X, pois quedase a pantalla en negro e logo apagase, coma se non recoñecera a gráfica (ATI Radeon HD2600Pro AGP). Mala sorte, dixen, a probar no choio…

No choio si puiden instalala, pero a cousa xa comenzou mal, pois os gráficos so me daban unha resolución máxima de 800×600 cando o monitor é un LCD de 19″ que vai a 1280×1024, e iso co driver nv, pero si pomos os drivers propietarios, a cousa empeora, pois pasa a ter unha resolución de 640×480. Un pouco mosqueado, dixen, “bueno, menos mal que nos queda Portugal” e fun a buscar a aplicación de configuración de gráficos e monitores que se utilizara nas duas últimas versións de Ubuntu (displayconfig-gtk), e que tan ben funcionaba (polo menos a min), sendo a miña solpresa que no está, e que a alternativa estaba en Sistema->Preferencias (mala señal)-> Resolución de Pantalla, o cal non serve case para nada, por que o unico para o que serve e para cambiar as resolucións que che detecta o sistema. Decidin descargar o paquete dos repositorios, e nada, non esta nos repositorios de Hardy.

Antes simplemente cando había problemas co monitor so había que seleccionar un monitor xenérico da resolución do que se ten e problema solucionado. O final tiven que coller o “xorg.conf” da instalación de Hardy Heron, e todo funcionou ben…bueno, todo o da parte gráfica por que non  remataron ahí os problemas.

Ca nova versión do Network Manager tan chula que so parece pensada para as redes inhalámbricas (para configurar unha rede cableada volveste tolo buscando donde se pon en manual, xa que teño IP fixa, aparte de que a introducción dos datos en fila é un autentico coñazo), teño un problema bastante simple pero chungo a vez. O problema é que non salva os axustes das IP manuais, e eso conleva que cada vez que reinicio ou apago o ordenador, perdo a configuración e hay que volver a introducir de novo os datos….mala cona que o pariu… Despois de comerme a cabeza mirando multiples posts nos Foros de Ubuntu, parece que polo de agora non hay solución (se alguién o sabe que por favor me axude).

O que non entendo é como se pode sacar esta versión a calle cos fallos garrafais que ten. Creo que ubuntu está mais preocupada en sacar constantes novidades que en perfeccionarse. So fai falta ver o articulo de Phoronix para darse conta desto. ¿Que é mais importante o rendemento e a ausencia de fallos, ou a constante implementación de novidades a costa de calquera cousa? Eu penso como persoa que traballa todos os dias con este SO que o primeiro é esencial, pero parace como si a peña de Ubuntu estivese demasiado preocupada por captar novos adeptos…

Como decía un compañeiro de traballo, Ubuntu debería replantexarse a sua estratexia e sacar unha versión o ano, pero sacala megatesteada, comprobada coas betas e alphas que fagan falta para que cando chegue a todos nos non ahia mais que felicitacións é empezar a traballar con ela canto antes en vez porse a buscar solucións para fallos. Como decía o creador do Quake o Doom, John Carmack, cada vez que lle preguntaban pola data de saida dos seus xogos, “It’s Done when It’s Done”. Eu a verdade e que estou dacordo con esto, e penso que a “versionitis” non sempre fai que as cousas melloren.

Espero que saquen unha revisión desta distro (como a 8.04.1) na que se corrixan eses problemas o antes posible. Esperemos que saia esa revisión, senon Jaunty Jackalope…. Das duas formas a esperar toca.

No comments

Ale, a baixarse a Cabuxa Intrepida

October 30th, 2008 | Category: GNU/Linux, Software Libre, Ubuntu

Bueno, como seguro que xa sabedes de sobra, e lestes en 500 blogs e páxinas (eu non ía ser menos), xa está dispoñible a nova versión do Sistema Operativo GNU/Linux mais coñecido, Ubuntu 8.10 Intepid Ibex. Trae bastantes melloras e cousas novas que o fan moi interesante para actualizarse coma o Nautilus con pestañas, o Xorg 7.4 ou a actualización do Network Manager.

Para todos aqueles que o queiran baixar tomade o enlace da páxina de descargas (con todos os servidores):

Ubuntu 8.10 Intrepid Ibex

No comments

Xa falta pouco para Intrepid Ibex (Ubuntu 8.10 para os despistados)

October 06th, 2008 | Category: Ubuntu

Como podedes ver a esquerda do blog, na barra lateral puxen un contador para que vexades os dias que quedan para a nova e esperadisima versión de Ubuntu.

Xa queda menos

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking