Nov 3

¡¡¡NON!!!

Asqueado, estou asqueado, tan asqueado que nin teño ganas de decir o por que. Que fodan a todo o mundo…

Empezo a sentirme outra vez coma si tivese 18 anos, e iso no meu caso non é bo. Calquera dia ei de esfolar unha man contra a cara dalgún cabrón e quedareime tan ancho. Teño medo, medo de facelo, pero cada vez as ganas son mais grandes. Todo a tomar polo cu. Dame igual estragar o resto da vida. Empezo a recordar os caramelos dos nenos que malditas formigas comen, e o peor é que ainda por riba agora nin hai formigas….formigas. ¿Que culpa teñen as formigas? As veces, bueno, sempre botoas de menos, moito, e choro…

Eu so escribo, nada mais. Deixate levar Leo, deixate levar, que o tempo cura ¡¡¡¡MENTIRA!!!!. Sigo recordando e cada vez vexo que por desgracia non estaba trabucado, que realmente estaba detrás dunha cortina de hipocresía, palpando os poucos a calidade do tecido, como si eu pertencese o mundo que estaba do outro lado , crendome que todo pode ser en escala de grises (nunca cheguei a crer que houbera cor), pero non,  “Veo todo en Blanco y Negro” como a canción, e iso e a realidade, a miña realidade, que a fin de contas é a única verdadeira.

Hasta os collóns de decir que si, que vale, que dacordo. Aceptamos barco…. ¡¡¡¡UNHA PUTA MERDA, NON OSTIA!!!!. Non queirades facer un parvo de min, vexo as cousas, e as cousas non poden ser así. Teño medo de min, teño medo de volver a odiar a todos, a todo, pero creo que o único que me pode liberar. Son moitos anos e vexo que o que estiven a facer non serviu de nada. Hoxe case rompo unha man ca mala ostia, e agora doi, pero vexo que o final sigo sendo o de sempre… con mais barriga pero o de sempre, so que debaixo dun montón de basura que non me deixa ver.

As veces boto de menos estar triste a diario, ter algo polo que chorar, polo que compadecerme, polo menos faciame sentir vivo. Agora o unico que sinto é vacio, unha vida vacía. Non digo que queira volver atras e ser infeliz de novo, pero si sentir a fin de contas…

Está claro que perdín a práctica nesto de escribir, pero hai anos liberábame, agora xa non sei. Haberá que practicar mais

No comments

No Comments

Leave a comment

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking