Oct 29
Xa esta aqui…..
Xa está dispoñible para descargar a versión definitiva de Ubuntu 9.10 Karmic Koala. Conta con bastantes novidades:
- Un Look mais estilizado cun novo SplashScreen, novos temas, novos fondos de pantalla, nova pantalla de Logon, novas Iconas…
- Consolidación do sistema de ficheros Ext4 como predeterminado
- Mellores tempos de arranque que permiten disfrutar do noso sistema operativo moito mais rápido ca antes.
- Grub2 que fai que o menú de arranque sexa moito mais personalizable
- Ubuntu One integrado no sistema para aloxar arquivos na nube.
- Centro de Software de Ubuntu, que sustitue o Engadir e quitar programas (a min non me convence de todo)
- Empathy sustutue a Pidgin coma cliente de mensaxería.
- Ekiga desaparece
- Agora o proceso de instalación gráfica mostra información sobre as caracteristicas de Ubuntu mentras esperamos a que se instale o sistema.
Estas son algunhas das novidades que temos nesta nova versión, e recomendo actualizar ( sudo update-manager -d ) ou instalar de cero canto antes.

Se queredes descargar a ISO da versión de escritorio pinchade neste enlace. Tamén están as versións Server, Notebook Remix, Kubuntu, Xubuntu, etc
No commentsNo Comments
Leave a comment

