Oct 19

Karmic e os repositorios

Category: Software Libre, Ubuntu

Sempre foi un autentico coñazo o tema de actualizar os repositorios, e maldito tema das claves GPG. Ata o de agora en Ubuntu había duas formas diferentes de añadir repositorios. Unha era abrir o archivo /etc/apt/sources.list, e añadir manualmente a liña do repositorio. Logo había que añadir coa consola a clave GPG e actualizar con sudo apt-get update.

Outra forma de facelo era graficamente indo o menú en Sistema-> Administración-> Orixes do Software e ir a pestana Outro Software. Logo había que meter a clave GPG en Autenticación.

Calquera dos dous métodos é un autentico tostón, pero na próxima versión de Ubuntu, Karmic Koala (que por certo teño a beta instalada dende fai mais de 15 dias e vai xenial) temos outra opción moito mais sinxela. Simplemente temos que saber o nome do repositorio no PPA e añadilo cunha simple liña de código nunha consola. Engadirá automáticamente a clave GPG. A liña en cuestión é:

sudo add-apt-repository ppa:Nome_Repositorio

Se quixesemos facer esto de forma gráfica podemos facelo en Orixes do Software, na pestana Outro Software e engadir:

ppa:Nome_Repositorio/ppa

O mais caralludo de todo esto é que, con este novo sistema non modificamos o sources.list orixinal, senon que crea un directorio sources.list.d dentro do cal garda, unha por unha, as novas entradas dos repositorios. Esto é moi positivo, por que o archivo orixinal non é modificado por si ocurrise algún problema.

karmic_koala

Fonte: GENBETA

1 comment

1 Comment so far

  1. Picholeiro October 19th, 2009 4:44 pm

    Sera que cada vez se utiliza mais os repositorio dos terceiras partes

Leave a comment

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking