Archive for November, 2009

Xa me chegaron!!!

November 25th, 2009 | Category: Caralladas Varias, GNU/Linux, Software Libre, Ubuntu

No dia de onte chegaronme os CD’s da nova versión de Ubuntu, Karmic Koala (9.10). En total 10 CD’s “orixinais” coa sua fundiña de cartón, listos para distribuir no meu traballo entre os mestres. Probablemente a maioria acaben no lixo ou nunha estantería collendo pó, pero conformome co que un só deles atrevase a probalo nalgún dos seus equipos. Gracias a isto xa conseguín, que algunha persoa polo menos teña un arranque dual con Ubuntu. Deixovos unha escaneada da funda dos CD’s:

caratulaKarmic

No comments

O coche de Google Maps en Vigo

November 10th, 2009 | Category: Caralladas Varias, Tecnoloxía, Xeral, software

Pois si, parece que google vai a retratar as ruas e estradas da nosa cidade. Esta mañán nas inmediacións do Aeroporto vinno cos meus propios ollos o sair eu da Autopista. ¿Cando poderemos disfrutar de este estupendo (e polémico) servizo? Polo menos parece que xa están co primeiro paso.coche_google

No comments

¡¡¡NON!!!

November 03rd, 2009 | Category: Caralladas Varias, Xeral

Asqueado, estou asqueado, tan asqueado que nin teño ganas de decir o por que. Que fodan a todo o mundo…

Empezo a sentirme outra vez coma si tivese 18 anos, e iso no meu caso non é bo. Calquera dia ei de esfolar unha man contra a cara dalgún cabrón e quedareime tan ancho. Teño medo, medo de facelo, pero cada vez as ganas son mais grandes. Todo a tomar polo cu. Dame igual estragar o resto da vida. Empezo a recordar os caramelos dos nenos que malditas formigas comen, e o peor é que ainda por riba agora nin hai formigas….formigas. ¿Que culpa teñen as formigas? As veces, bueno, sempre botoas de menos, moito, e choro…

Eu so escribo, nada mais. Deixate levar Leo, deixate levar, que o tempo cura ¡¡¡¡MENTIRA!!!!. Sigo recordando e cada vez vexo que por desgracia non estaba trabucado, que realmente estaba detrás dunha cortina de hipocresía, palpando os poucos a calidade do tecido, como si eu pertencese o mundo que estaba do outro lado , crendome que todo pode ser en escala de grises (nunca cheguei a crer que houbera cor), pero non,  “Veo todo en Blanco y Negro” como a canción, e iso e a realidade, a miña realidade, que a fin de contas é a única verdadeira.

Hasta os collóns de decir que si, que vale, que dacordo. Aceptamos barco…. ¡¡¡¡UNHA PUTA MERDA, NON OSTIA!!!!. Non queirades facer un parvo de min, vexo as cousas, e as cousas non poden ser así. Teño medo de min, teño medo de volver a odiar a todos, a todo, pero creo que o único que me pode liberar. Son moitos anos e vexo que o que estiven a facer non serviu de nada. Hoxe case rompo unha man ca mala ostia, e agora doi, pero vexo que o final sigo sendo o de sempre… con mais barriga pero o de sempre, so que debaixo dun montón de basura que non me deixa ver.

As veces boto de menos estar triste a diario, ter algo polo que chorar, polo que compadecerme, polo menos faciame sentir vivo. Agora o unico que sinto é vacio, unha vida vacía. Non digo que queira volver atras e ser infeliz de novo, pero si sentir a fin de contas…

Está claro que perdín a práctica nesto de escribir, pero hai anos liberábame, agora xa non sei. Haberá que practicar mais

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking