Archive for October, 2009

Xa esta aqui…..

October 29th, 2009 | Category: Informática, Software Libre, Tecnoloxía, Ubuntu

Xa está dispoñible para descargar a versión definitiva de Ubuntu 9.10 Karmic Koala. Conta con bastantes novidades:

- Un Look mais estilizado cun novo SplashScreen, novos temas, novos fondos de pantalla, nova pantalla de Logon, novas Iconas…

- Consolidación do sistema de ficheros Ext4 como predeterminado

- Mellores tempos de arranque que permiten disfrutar do noso sistema operativo moito mais rápido ca antes.

- Grub2 que fai que o menú de arranque sexa moito mais personalizable

- Ubuntu One integrado no sistema para aloxar arquivos na nube.

- Centro de Software de Ubuntu, que sustitue o Engadir e quitar programas (a min non me convence de todo)

- Empathy sustutue a Pidgin coma cliente de mensaxería.

- Ekiga desaparece

- Agora o proceso de instalación gráfica mostra información sobre as caracteristicas de Ubuntu mentras esperamos a que se instale o sistema.

Estas son algunhas das novidades que temos nesta nova versión, e recomendo actualizar ( sudo update-manager -d ) ou instalar de cero canto antes.

ubuntulogo

Se queredes descargar a ISO da versión de escritorio pinchade neste enlace. Tamén están as versións Server, Notebook Remix, Kubuntu, Xubuntu, etc

Páxina Oficial de Ubuntu

No comments

Karmic e os repositorios

October 19th, 2009 | Category: Software Libre, Ubuntu

Sempre foi un autentico coñazo o tema de actualizar os repositorios, e maldito tema das claves GPG. Ata o de agora en Ubuntu había duas formas diferentes de añadir repositorios. Unha era abrir o archivo /etc/apt/sources.list, e añadir manualmente a liña do repositorio. Logo había que añadir coa consola a clave GPG e actualizar con sudo apt-get update.

Outra forma de facelo era graficamente indo o menú en Sistema-> Administración-> Orixes do Software e ir a pestana Outro Software. Logo había que meter a clave GPG en Autenticación.

Calquera dos dous métodos é un autentico tostón, pero na próxima versión de Ubuntu, Karmic Koala (que por certo teño a beta instalada dende fai mais de 15 dias e vai xenial) temos outra opción moito mais sinxela. Simplemente temos que saber o nome do repositorio no PPA e añadilo cunha simple liña de código nunha consola. Engadirá automáticamente a clave GPG. A liña en cuestión é:

sudo add-apt-repository ppa:Nome_Repositorio

Se quixesemos facer esto de forma gráfica podemos facelo en Orixes do Software, na pestana Outro Software e engadir:

ppa:Nome_Repositorio/ppa

O mais caralludo de todo esto é que, con este novo sistema non modificamos o sources.list orixinal, senon que crea un directorio sources.list.d dentro do cal garda, unha por unha, as novas entradas dos repositorios. Esto é moi positivo, por que o archivo orixinal non é modificado por si ocurrise algún problema.

karmic_koala

Fonte: GENBETA

1 comment

Star Wars de novo

October 01st, 2009 | Category: Caralladas Varias, Xeral

Fai moito tempo no meu blogue publiquei un video de Darth Vader contra a policía xaponesa. O que non sabía é que tiña segunda parte, por certo, igual de graciosa:

Imagen de previsualización de YouTube

Gustaríame saber que dí o tipo do final

No comments

Non teño nada que decir… mellor calar

October 01st, 2009 | Category: Caralladas Varias, Software Libre, Tecnoloxía, Xeral

Simplemente lede esta nova:

A Xunta desfai os proxectos tecnolóxicos do bipartito

Nunca pensei que foran tan ruíns, ou tan paletos. Pero bueno, así nos luce, o malo é que por culpa de “moitos” , os “poucos” temos que sufrir as consecuencias da ignorancia. Como di alguén que eu coñezo “Paus, paus é o que fai falta

caciqueanejo

Gracias Juane polo enlace

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking