Archive for June, 2009

¿Que carallo é esto?

June 30th, 2009 | Category: Caralladas Varias, Xeral

Tal vez vos pareza unha parida de post, pero perdendo un pouco o tempo con Google Maps atopei o sureste de Bielorusia un circulo de mais de un kilómetro e medio de diámetro cun lago (polo menos pareceo) no medio. Estou bastante chinado con este tema, por que non se me ocurre que pode ser, e sendo un circulo perfecto, resultame tremendamente difícil de crer que sexa natural. Esto tivo que ser feito por homes. Deixovos a foto e os enlaces para velo:

queé

Circulo Extraño en Google Maps

Círculo Extraño en Bing Maps

Agradecería que me axudedes a descubir que carallo é esto

ACTUALIZADO

A miña prima Raquel recordoume que Google Maps ten fotos, e vendo as fotos que aparecen sobre este lugar, vese que é un lago cunha illa no medio e unhas casetas como as que se utilizan para observar aves. O círculo branco non é mais que area o arredor do lago (comentanno debaixo das fotos en ruso). O que non sei que sentido ten facer un circulo de area perfecto e tan ancho o arredor dun lago. Deixovos o enlace as fotos (Panoramio):
FOTOS do Extraño lugar

1 comment

USB 3.0: Primeiro en Linux

June 10th, 2009 | Category: GNU/Linux, Software Libre

Xa está listo para ser descargado no repositorio de Sarah Sharp (empregada de Intel) o driver xHCI (Extensible Host Controller Interface) que permite o soporte para dispositivos USB 3.0 en sistemas que teñan Linux como núcleo. Polo tanto na proxima versión do kernel (2.6.31) este xa estará implementado. Suponse que esta revisión do núcleo estará lista sobre o mes de setembro, polo que os sistemas operativos GNU/Linux serían os primeiros sistemas que soportarían esta especificación de forma oficial.

Si algúen ten un dispositivo 3.0 para probar (dificil), pois xa sabe…

FONTE: VivaLinux

No comments

¿Validación de claves GPG de forma automática?

June 09th, 2009 | Category: Software Libre, Ubuntu, software

Seguro que estas mais que farto dos tipicos mensaxes de erro o actualizar os teus repositorios de Launchpad por culpa de que faltan certas claves GPG. Para evitalo, acabo de ler en Ubuntu Life que existe un script que valida as claves automáticamente, e que tamén alguén fixo un paquete .deb para facilitar mais as cousas. ¿A que esperades para instalalo?

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking