Archive for April, 2009
¡Xa está aquí Jaunty Jackalope!
Hoxe mesmo, e como prometera a xente de Cannonical, está connosco a nova versión de Ubuntu (9.04), con importantes novidades, entre as que destaca o soporte para ext4, novos temas (probade Dust Sand), novo gdm e Splashscreen, mellor xestion de dispositivos flash, un Network Manager que agora funciona, Computer Janitor para limpar a instalación de paquetes obsoletos e inservibles, tempos de arranque mais rápidos, e moitas novidades mais.
Dende o meu punto de vista tratase da mellor versión de Ubuntu con diferencia e sin ningun tipo de duda. Recomendo a todo mundo actualizar a nova versión, a poder ser co novo sistema de ficheiros ext4, xa que gañaran en velocidade. Para todos os que queirades descargala pasadevos por:

http://www.ubuntu.com/getubuntu/download ou pulsade no banner cuadrado que tendes a dereita desta noticia.
No commentsRichard Stallman en Vigo
Segundo acabo de ver en Mancomun.org, Richard Stallman pasarase pola nosa cidade o vindeiro 30 deste mes. Para quen queira ir a velo (eu non podo, merda, estou a traballar), que pase pola web do Master de Software libre de Caixanova e se incriba. A entrada é gratuita, pero para pasar é necesario pasar por este trámite.
Richard Matthew Stallman (rms), fundador da Free Software Foundation (FSF) é coñecido por ser o verdadeiro gurú do Software Libre, creador do proxecto GNU, creador do Editor de texto Emacs, do compilador GCC, de sentar as bases das licencias GPL. A parte de esto Richard Stallman ten unha personalidad que chama moito a atención e as suas conferencias son moi divertidas.

Se vos interesa, no meu blogue xa falei del nin par de ocasions:
Entrevista a Richard “Dios” Stallman en Publico.es
Entrevista con Stallman
1 commentVolve “Lobezno”, volve
Sempre me gustou “Lobezno”, polo seu caracter, solitario, arisco, pero nobre e sincero. ¿Por que será que me gusta “Lobezno”? Debe ser por que me recorda a alguén que coñezo moi ben dende hai moitos anos.
Dentro duns dias estrearase X-men Orixes: Lobezno, mais concretamente o 30 deste mes, e por si posto si podo irei a velo. Nesta pelicula desvelaranse o seu pasado, que nas anteriores peliculas estaba difuso, e veremos as aparicións estelares de Gambito e Dentes de Sabre, entre outros. Deixovos con trailer en castelan da pelicula:
Aquí tendes a páxina web oficial da pelicula: http://www.xmenlobezno.es/
1 comment

