Archive for March, 2009

Jaunty vai ser (é) a caña

March 23rd, 2009 | Category: Tecnoloxía, Ubuntu

Non sei si recordaredes as miñas desavenencias coa actual versión de Ubuntu, Intrepid Ibex. A verdade é que xa estaba a comenzar a cansarme da actual politica de versións de Ubuntu, e incluso estiven probando outras distros tales como OpenSuse, Fedora e Mandriva, sendo esta última a que mais me convenceu. Pero gracias a deus, cando mais mosca estaba con Ubuntu, deume por probar unha das Alphas da 9.04 polo tema do Ext4, e ¡¡¡Bum!!!, hostiazo na cara, por dudar.

Esta última versión funcioname de coña, mellor ainda que 8.10, e sendo unha alpha. Cada vez que actualizo atopo cousas novas e ben feitas. Resumirei un pouco e comentareinas por orde de importancia para min:

  1. Agora podo instalar Ubuntu no ordenador de sobremesa da miña casa, cousa que antes non podía con Intrepid por problemas coa miña gráfica (ATI HD2600 Pro 512MB AGP), que non me mostraba nada na pantalla. Tiña que instalar a 8.04 e actualizar a distribución para que me collera os axustes graficos anteriores. Agora en cambio ata podo instalar o driver propietario e ter aceleración 3D e efectos copiz no escritorio. Nun principio traballaba co driver “vesa” (ao menos traballaba con algo), pero coas actulizacións constantes, e cansandome de reportar erros no launchpad, o final todo parece arreglado e funcionando coma nunca.
  2. O maldito Network Manager non gardaba os cambios se tiñas IP fixa e cada vez que reiniciabas había que meter as IP’s de novo. Aparte ten unha interfaz que é moi comoda para as redes inalambricas, pero que para o caso que vos comento é penosa. Ainda que esto último non o correxiron, polo menos agora SI garda os cambios, polo que o tema da interfaz xa da igual, pois so o hai que facer unha vez.
  3. O sistema de Archivos Ext4 é verdadeiramente mais lixeiro que o anterior Ext3, notando que o equipo tarda bastante menos en arrancar e a apertura de aplicacións, ou a transferencia de archivos é mais rápida. Ademais, ata diría que o equipo agora consume menos recursos.
  4. Antes cando borrabas os archivos dun pendrive, por exemplo, tiñas que desmontar o volume para que estos se vaciaran de verdad, e logo volver a montalo para usalo de novo. Agora mandalos a papeleira, e simplemente o vaciala xa se eliminaron os archivos.
  5. O novo sistema unificado de notificacións está moi currado e agradecese que sexa o que é, unificado. Ademais todas as aplicacións de Gnome que se estan desenrolando estan a cambiarse para utilizalo (por exemplo emesene “crazy” ou o magnifico Listen 0.6 na última versión do svn )
  6. Novos temas gráficos de Ubuntu moito mais agradables a vista que Human coas suas horribles cores. Dust Sand acaba de convertirse no meu tema, e Dust e New Wave están moi currados.
  7. Computer Janitor limpa o noso pc dos paquetes que non precisamos dunha forma facil e rápida.

Supoño que ainda ten algún as gardado na manga para sacar antes da versión final (teño entendido que queren incluir un formateador de unidades flash, que a verdade é que facía falta), pero so con todas estas correccións e novidades para min e mais que suficiente. Estou contento co meu Ubuntu, e gracias a esta versión conseguiron que recuperara a confianza nesta xente, pois a verdade e que a tiña bastante perdida.

2 comments

Listen está de volta (Actualizado)

March 12th, 2009 | Category: GNU/Linux, Software Libre, software

Acabo de ver na páxina oficial de Listen que acaban de publicar a primera versión candidata da 0.6, a cal contén moitas e interesantes novidades entre as que destaca a inclusión do sistema de plugins, o crossfade, e poder grabar o que se está a reproducir.

Para quen non coñeza este magnífica aplicación decir que se trata dun reprodutor de musica pensado para entornos de escritorio Gnome, que pretende ser unha alternativa a outro dos grandes, Amarok.

O paquete que vos podedes baixar é o código fonte, polo que tendes que compilalo. Para elo tendes que usar tres simples comandos na consola, entrando primeiro na carpeta onde se atopen os archivos. Os comandos son os seguintes:

sudo make clean

sudo make    (probablemente vos pidan varias dependencias que podedes instalar con Synaptic)

sudo make install

E si todo vai ben, Listen tería que estar perfectamente instalado, ainda que si vos son franco (con minúscula) a min dame o seguinte erro o executalo dende unha consola:

Traceback (most recent call last):
File “listen”, line 77, in <module>
from vfs import makedirs
File “/usr/lib/listen/vfs/__init__.py”, line 24, in <module>
from vfs.monitor import FileMonitor
File “/usr/lib/listen/vfs/monitor.py”, line 27, in <module>
from pyinotify import ThreadedNotifier, WatchManager, ProcessEvent, EventsCodes
ImportError: No module named pyinotify

O problema xa está reportado na páxina oficial. A ver si aparece a solución.

————————————————————————————–

Apareceu a solución: somentes hay que instalar o paquete python-pyinotify:

sudo apt-get install python-pyinotify

No comments

A orixe de internet

March 09th, 2009 | Category: Hardware, Informática, Redes, Tecnoloxía

Se queredes saber un pouco mais sobre a orixe de internet vede este mini documental onde se explica moi ben como se vai criando. É sorprendente ver que a sua orixe ainda que nos vendan que é norteamericano (esto é así pero nunha fase moi previa), realmente quen sentamos as bases para que se usara de forma masiva fomos os europeos (Franceses e Ingleses).

Imagen de previsualización de YouTube

No comments

¿Como me sinto ultimamente?

March 05th, 2009 | Category: Caralladas Varias

Preguntome isto a min mesmo, por que ninguén me escoita, e a quen llo digo non me entende, e por que sei que este blog o lé moi pouca xente.

Pois a verdade é que me sinto bastante mal. Estou bastante aburrido do que é o meu choio, pois o 60% do meu tempo pásomo facendo cousas que non me corresponden, e as tarefas que si son o meu choio son repetitivas e pouco edificantes.

Pero eso non é o mais importante, o mais importante e que o meu choio non é apreciado por ninguén, e parece que é secundario sempre, sendo os traballos que non me corresponden sempre prioritarios. Ainda pra mais, cando algun compañeiro está de baixa, o pringado ten que sustituilo (que non me importa) son eu sempre, e esixeseme que sexa igual de eficiente ca el (eficaz xa son)…. pero quen me sustitue a min, o meu traballo queda sempre sen facer si non o fago eu. Despois ainda teño que aguantar broncas e queixas inxustificadas por meteduras de pata doutras persoas por parte de xente que decindoo claramente non ten nin puta idea de nada e o único que fai e queixarse e buscarlle 3 pes o gato para ver si pode ter a mais mínima oportunidade de botarche os trastos a testa. Pensan que presionando e abroncando todolos dias van conseguir que as cousas melloren. Ainda por riba nin sequera estou ben pago, tendo en conta o traballo que fago, e todas as responsabilidades que me impoñen.

Diredes, ¿e por que non cambias de curro?, pois entre que non é o mellor momento para cambiar, e que todos os curros os que podo aspirar son ainda peores ca este; e que os choios verdadeiramente interesantes que si merecen a pena, e para os que si me sinto realmente capacitado, piden cen mil titulos que despois non serven para nada se non es espabilado. De todas formas teño moi clara unha cousa, que non busca non atopa, e o mellor algún dia sona a flauta e podo sair voando.

Outra cousa que me desespera é que eu parece que non teño lexitimidade para queixarme, que si, que “é unha putada, pero que tampouco é tan grave, peor o paso eu no meu choio”. E pasan os anos e Leo sigue facendo o mesmo, é dicir, perder o tempo e quedarse cada vez mais atrás.

No comments

Cambio de politicas… ¿Cambios no Software Libre en Galiza?

March 03rd, 2009 | Category: GNU/Linux, Software Libre, Tecnoloxía

En principio non debería ser así, pero nunca se sabe. Comento isto por que acabo de ler un post no blog Dinamizador X que me chamou moito a atención. Se queredes leelo pasadevos por aquí.

No comments

Next Page »

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking