Archive for February, 2009
Dispoñible Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope Alpha 5
Mentras que esperamos pola versión definitiva da distribución mais coñecida para Abril, a peña de Cannonical deixanos caer estas versións muy previas do que será a versión oficial. So vos digo que agora mesmo teño instalada para traballar a Alpha 4 actualizada a diario (non llo recomendo a ninguén, pois ten ainda bastantes fallos), e a verdade e que parece que se puxeron as pilas con esta versión, pois vai coma un tiro e inclue moitas novidades entre as que destacan:
-Soporte para sistema de ficheiros Ext4, co que se consigue aumentar a velocidade de acceso do sistema os discos duros e baixar o consumo de recursos. A verdade que se nota moito.
-Versión 1.6 do servidor gráfico X.org que ten importantes melloras na detección de tarxetas e dispositivos de apuntamento.
-Notificacións unificadas do sistema e dos programas incluidos na distribución. Tendes un exemplo aquí
-Optimización do tamaño das fontes do texto según a resolución do monitor. Esto polo menos a min deume xa algún problema co tamaño, xa que o cambiar a resolución quedabanseme as letras moi pequenas. Podese cambiar o dpi das letras en Sistema -> Preferencias -> Apariencia -> Tipografias e premendo en Detalles.
-Versión do kernel Linux 2.6.28

A verdade e que esta vez si vale a pena probala, sobre todo se formateades con EXT4, pois notaredes bastante diferencia. Se quededes descargala premede no seguinte enlace: Ubuntu 9.04 Jaunty Jackalope Alpha 5
No commentsGoogle xa traduce ó Galego
Acabo de ver en NoticiasTech que o navegador mais famoso acaba de incluir o soporte para a traducción de textos e páxinas web o galego, ou do galego a outro idioma, así como a posibilidade de buscar páxinas escritas en galego. Para acceder a este servicio so tendes que premer no enlace de ferramentas lingüisticas da páxina de inicio de Google, ou premer no seguinte enlace: Traducir ó Galego.
Unha boa noticia para todos (ou case todos) os galegos. Será un monopolio, pero menuda diferencia con outros…
No commentsJosé Manuel Pousada Doural… ese hombre
Non vou a dicir quen é este individuo por que existen moreas de información sobre el en multitud de medios de comunicación, pero si vou a dicir quen foi.
O señor José Manuel Pousada Doural foi profesor meu fai mais ou menos uns 14-15 anos no instituto Manuel Antonio de Vigo, onde impartía clases de Ciencias Químicas en COU. Os meus recordos del eran dunha persona desequilibrada emocionalmente que sin vir a conto deixaba de dar clase e puñase a chorar no aula diante dos alumnos, e contabanos que tiña unha moza en Ibiza, creo recordar, que o deixara. E así un dia tras outro. A nos a verdade é que nos daba bastante pena o home, pois naquel momento non parecía mala persoa. En canto as suas dotes para dar clase eran bastante escasas, e a verdade e que non nacera para a docencia. Por culpa desta asignatura (e outras, que repetir foi culpa miña) tiven que repetir COU, e o ano seguinte, vendo a imposibilidade manifesta deste señor para dar clases e manter a compostura, decidín cambiar Quimica por Bioloxía, sacando esta última sen nengún problema.
Casualmente o instituto onde impartía clases (e creo que ainda imparte), estaba asociado a un dos poucos internados femininos públicos que existen en Galiza, CREDO, e a maior parte destas alumnas eran rapazas que proviñan normalmente do rural Galego, e que falaban nun 90% en Galego. Este señor agora afirma dende a sua coñecida asociación que os alumnos teñen grandes problemas para entender as clases en Galego.
Falo de fai 14-15 anos, agora non sei si se atopa mellor animicamente (parece que atopou unha alma xemelga), pero o que está claro e que ainda está un pouco perdido….

Outro Must Have para Wii…¡¡¡Metaaaal!!!
Acabo de ver asombrado este video en La Gran N, e non puiden resistir as ganas de polo no blog. Tratase dun videoxogo do estudio Double Fine, que será editado por EA, onde encarnaremos un Heroe Heavy Metaleiro (protagonizado por Jack Black) que terá que loitar contra as forzás opresoras. Ahhh… o nome do videoxogo é Brütal Legend. Adicado a todos os fans do Heavy Metal, os Videoxogos e a Wii:
No commentsEnjuto Mojamuto e o Spam
Por fin está con nos Enjuto (e toda a peña de Muchachada Nui). Está vez verase amenazado polo Spam:
No comments



