Archive for January, 2009
Haberá que pillalo, haberá que aforrar
Fai uns meses disfrutei coma un enano ca miña Wii cando me regalaron (regalazo) o Guitar Hero: Legends of Rock. Recentemente tiven a oportunidade de xogar co Guitar Hero Word Tour, e non está mal (pero as cancións son un pouco mais cutres). Dentro duns meses sai a edición de Guitar hero do meu grupo favorito: METALLICA. A lista de cancións é alucinante e xa estou desexando “tocalas” coa miña Les Paul (se o compro sen guitarra…). Aquí a tendes:
- All Nightmare Long
- Battery
- Creeping Death
- Disposable Heroes
- Dyers Eve
- Enter Sandman
- Fade To Black
- Fight Fire With Fire
- For Whom The Bell Tolls
- Frantic
- Fuel
- Hit The Lights
- King Nothing
- Master of Puppets
- Mercyful Fate (Medley)
- No Leaf Clover
- Nothing Else Matters
- One
- Orion
- Sad But True
- Seek And Destroy
- The Memory Remains
- The Shortest Straw
- The Thing That Should Not Be
- The Unforgiven
- Welcome Home (Sanitarium)
- Wherever I May Roam
- Whiplash
Tamen inclue cancións doutros grupos:
- ALICE IN CHAINS – No Excuses
- BOB SEGER – Turn The Page
- CORROSION OF CONFORMITY – Albatross
- DIAMOND HEAD – Am I Evil?
- FOO FIGHTERS – Stacked Actors
- JUDAS PRIEST – Hell Bent For Leather
- KYUSS – Demon Cleaner
- LYNYRD SKYNYRD – Tuesdays Gone
- MACHINE HEAD – Beautiful Mourning
- MASTODON – Blood And Thunder
- MERCYFUL FATE – Evil
- MICHAEL SCHENKER GROUP – Armed and Ready
- MOTÖRHEAD – Ace of Spades
- QUEEN – Stone Cold Crazy
- SAMHAIN – Mother of Mercy
- SLAYER – War Ensemble
- SOCIAL DISTORTION – Mommy’s Little Monster
- SUICIDAL TENDENCIES – War Inside My Head
- SYSTEM OF A DOWN – Toxicity
- THE SWORD – Black River
- THIN LIZZY – The Boys Are Back in Town
E para que vaides pondo todo perdido de baba aquí tendes un video de adianto:
No commentsUltraportátil galego…. e con GNU/Linux
A empresa galega Blusens coñecida por comercializar MP3, Lectores de DVD e demais aparellos electrónicos, está a piques de botar o mercado a seu primeiro portátil, ou mais ben ultraportátil. As suas especificacións de Hardware non están nada mal en comparación con outros equipos da competencia. Estas caracteristicas son as seguintes (copypasteadas da páxina oficial en castelán):

Funcionalidades
- Conectividad wireless
- Bluetooth (Opcional)
- Cámara
- 120 GB de capacidad (Disco Duro SATA 2,5”)
- Procesador Intel atom 1,6GHz
- 1GB de memoria RAM DDR2
- Tarjeta gráfica Intel Graphics Media Accelerator (GMA 950)
Pantalla
- Tipo: LCD-TFT 10,2” formato panorámico
Entradas/salidas
- VGA
- 3 puertos USB
- Ranura ExpressCard 34mm
- Salida de audio para auriculares
- LAN Ethernet RJ45
- Lector de tarjetas SD/MS/MMC
- Alimentación 12V
- Batería extraíble (4000mAh/7.4V)
Dimensiones
- Largo x ancho x alto (cm): 26 x 20 x 3,5
Peso
- 1,3 Kg
Accesorios incluidos
- Batería de Litio de alta duración
- Adaptador de corriente
- Manual de usuario en castellano e inglés
Como podedes ver non está nada mal. Do prezo non teño nin idea, (espero que non sexa moi caro, supoño que cada distribuidor terá o seu) pero non creo que sexa moi caro pois os articulos de esta marca non soen selo.
Outra cousa que chama a atención é que incluirá un sistema operativo GNU/Linux (¿¿¿Distribución???), pero será compatible con XP e Vista (pa quen os queira). Estará dispoñible en cor azul e branco.
FONTE: MANCOMUN
No comments¿Será isto verdade?
Si é así é sinxelamente espectacular. Senon pois tratase dun bo montaxe.
Moitas gracias Diana polo video
No commentsProbando Windows 7 Beta
Hei de decir antes de que me crucifiquen que sigo prefirindo un sistema GNU/Linux a Windows, sobre todo para entornos productivos, pero hai que ser realista, e no meu traballo (administrador de sistemas informáticos) coñecer un pouco de todo é determinante. Sexamos francos, neste mundo a maior parte dos programas que usa a “xente normal” corren sobre sistemas operativos tipo Windows.

Bueno, decir que Windows 7 polo de agora estame a gustar bastante mais que o que me gustou Vista no seu dia (Vista e un pedrolo de sistema). Aclarar que esta nova version de “fiestras” e bastante semellante en case que todo o seu predecesor, pero ten algunhas pequenas diferencias.
A mais chamativa e a barra inferior de ferramentas, que funciona dunha forma bastante diferente a como funcionaba antes. Agora as ventanas mostranse cun icono na barra en vez dun titulo, o por o rato por riba mostranse as miniaturas da ventá, pero ca caracteristica que si un programa ten varias instancias mostranse todas agrupadas, por exemplo o explorer, que permite cambiar de pestaña ou pechala pousando o rato sobre esta. Decir que as miniaturas funcionan so si se ten un gráfica que soporte Aero (no caso contrario mostra o titulo da fiestra).
En canto os menus de panel de control son todos muy semellantes a Vista, apenas habendo diferencias. Tamén o explorador e case igual. Sobre a barra de Gadgets agora non existe, os gadgets podelos por donde che preste no escritorio. O reproductor Windows Media Player é bastante completo e gustame bastante como se integra co sistema.
Pero quizais o mellor de Windows 7 sexa o consumo tanto de procesador como de memoria, que sin ser obviamente Windows XP (con todo o que trae é moi dificil), funciona bastante, pero bastante mellor que o seu predecesor Vista. Por exemplo, no meu equipo do choio, que é un Pentium 4 Celeron 2.8 Mhz con 2 GB de DDR400 e unha gráfica GeForce FX5500 (a ver si me cambian este cacharro dunha vez), era inviable traballar con Vista, pois o uso do procesador e a memoria (comprobado con Gadget) estaba case que todo o tempo o 100%. Agora esto so pasa no momento de abrir algún programa, ou ventá. Por exemplo, abrir unha ventá do explorador de archivos con Vista eternizabase, e agora vai sensiblemente mais rápido. Penso que este S.O. cun ordenador un pouco mais potente e actual funcionaría bastante ben.
Decir que o que menos me gustou e a detección e instalación de drivers do Hard durante a instalación do sistema, xa que o probei en dous ordenadores diferentes, e nos dous tiven que instalar o driver da gráfica e o do son integrado, pero con algo o seu favor , pois nos dous casos co driver de Windows XP non tiven ningún problema.
Supoño que esto é unha revisión moi corta do sistema, é que ten multitude de novidades que non me fixei (din que funciona moi ben con pantallas tactiles), pero estas son as diferenzas mais notables que atopei con respecto a Vista. Tamén supoño que tratandose dunha beta ainda incluirá mais novidades e melloras.
De todas todas, non penso cambiar….
No commentsParón forzado do Blog
Bueno, xa estamos aquí de novo. Teño que pediros disculpas os poucos que vos molestades en ler este blog, pero é que o servidor tivo problemas as duas últimas semanas e non era posible entrar nel. Ademais, despois de restaurar o servizo había un plugin (automatic upgrade) que me estaba facendo a vida imposible e non me deixaba entrar no Dashboard (Panel de Control), polo que non podía entrar e desactivalo (e moito menos escribir un novo post). O final solucioneino borrando o plugin directamente e a saco no ftp, e polo de agora funciona todo correctamente.
Espero publicar novas entradas nos proximamente………
No comments

