Archive for June, 2008

¡¡¡Pulvericemos o record de descargas co mellor navegador!!!

June 12th, 2008 | Category: Software Libre

Como moitos de vos xa saberedes, o día 17 deste més a peña de Mozilla sacará oficialmente a versión 3 do seu navegador Firefox, con importantes melloras, e quere facelo por todo o grande batindo o record de descargas dun programa nun día.

Pra iso deixei un enlace na parte superior da barra lateral esquerda (pinchade na raposa), no que o único que tendes que facer e comprometervos a baixar o martes da semana que ven o novo Firefox pondo o estado no que vivides e unha dirección de correo.

Tende en conta que Mozilla Firefox é un navegador multiplataforma de código aberto, e gratuito

Download Day 2008

No comments

ACER instalará Linux nos seus portatiles

June 06th, 2008 | Category: GNU/Linux, Hardware, Software Libre, Tecnoloxía

Segundo lin en UBUNTIPS, Gianpiero Morbello, vicepresidente de Acer quere preinstalar Linux nos portatiles, non so nos ultraportatiles de gama baixa (Aspire One). Mencionou as grandes ventaxes que presenta o noso sistema operativo, como o arranque en 15 segundos (en Windows poden chegar a ser minutos), a maior eficiencia do uso da batería, e por suposto a reducción de custos derivado de non ter que pagar a licencia.

Recoñece que Microsoft ten moito poder, pero que queren abrir o mercado doméstico a Linux. Agora so nos queda saber que distribución utilizarán, espero que sexa Ubuntu (é a miña preferencia).

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking