Archive for April, 2008
Hoxe é o gran día… UBUNTU Hardy Heron 8.04
Hoxe é o gran día, un deses días nos que entras na web de Ubuntu como 10 veces nunha hora, polo de agora nada…. Xa está dispoñible para descargar a nova versión de Ubuntu Hardy Heron 8.0, ou sexa que pasade a descargala sen perder un minuto. Ale!, eu deixovos que vou a instalala a ver que tal.
Bueno, para pasar o tempo deixovos un video de Enjuto Mojamuto (do programa Muchachada Nui de TVE2) moi interesante:
Se non se vos ve o video, pinchade aquí
No commentsDor de Brazos = Wii !!!!!
Bueno, hoxe estou de cumpleanos (a idade de Cristo), e teño que agradecer e darlle moitos bicos a quen me regalou a Wii. ¡Menudo invento!, xa facía tempo que non me atraían as consolas, e a última que tiven foi a Sega SATURN (maravillosa e pouco coñecida consola, deixovos un enlace da sección SATURN miña anterior web, SoloSEGA). A verdade e que o control co Wiimote é algo flipante e super intuitivo. Tendes que verme pegandolle raquetazos o aire coma un poseso…
Algo que me gostou moito foi o tema da consola virtual, o de poder comprar xogos antigos, e tamen aplicacións, ainda que o navegador ben que podían regalalo. A creación e publicación de Mii's tamén ten moita gracia. Agora teño que meterme un pouco mais no tema dos xogos, pois non teño nin idea do catalogo que ten esta consola. Se sabedes de xogos que molen e que poidades recomendarme agradezo suxerencias.

Isto so se pode facer con GNU/Linux (copiado de AGNIX)
Antes de nada decir que esto está copiado integramente de AGNIX (perdón pero gustoume moito)
1.- Conseguir, instalar, e manter actualizado un sistema completo, de xeito legal e de balde.
2.- Poder instalar diferentes interfaces gráficas, se a que ven por defecto no sistema non se axusta
as túas necesidades, ou non che gusta.
3.- Ter control total sobre o hardware do computador e a certeza de que non hai portas traseiras no teu
software, instaladas por compañías de software ou gobernos.
4.- Non ter necesidade de desfragmentar o disco fixo.
5.- Probar aplicacións distintas, até decidir cal me gusta ou se axeita as necesidades e desinstalar
as outras coa certeza de que non quedará lixo nun rexistro do sistema que poda ralentizar o computador.
6.- Utilizar o computador sen necesidade de instalar antivirus ou software anti-espia, non ter a necesidade
de reiniciar o computador durante meses.
7.- Personalizar a vontade legalamente, preguntar aos desenvolvedores, propor ideas, participar no proceso
de deseño/programación.
8.- Empregar o mesmo hardware durante anos sen ter a necesidade de substituilo.
9.- Recibir e dar axuda de/a centos de usuarios, expertos ou novatos de balde e desinteresadamente.
10- Ter un escritorio con efectos espectaculares, bastante mellores que os do sistema,
aínda en desenvolvemento Window$ Vi$ta, nun computador con varios anos.

VIA colaborará para crear drivers abertos dos seus productos
Acabo de ler en UBUNTIPS que VIA Technologies ven de anunciar no Linux Foundation Collaboration Summit que durante este mes abrirá unha páxina (http://linux.via.com.tw/) adicada a proporcionar información tecnica dos seus productos e publicar o código dos seus drivers dos seus productos mais importantes. Tamén haberá foros de asistencia técnica.
A idea é crear drivers abertos que permitan a reproducción de video,2D e 3D.
A ver cando podemos decir o mesmo de Nvidia por exemplo, pois ATI, Intel, e agora VIA xa deron o paso

Hai xente que merece isto e mais…
¿Se non tes interés para que carallo vas a clase? Para eso quedate na cafetería
O que mais mola son os aplausos da peña que debe estar ata as narices do seu compañeiro
Se non o vedes pinchade aquí
No comments
