Archive for March, 2008
Andamos de mudanzas…
Como podestes observar os que entrastes pola antiga dirección (http://usuarios.lycos.es/leillo1975) cambiamos de servidor. A razón fundamental foi unha serie de fallos que se produciron o tratar de actualizar da versión 2.3 de Wordpress a 2.5 que saiu hai nada. Espero que miarroba me de un servicio decente (polo de agora vai ben, e ademais non me mostra publicidade, polo menos con mozilla.
Decir que Wordpress 2.5 é unha autentica maravilla. Todo funciona moi ben, o Dashboard está moi ordenado, e hai moitas melloras sobre todo no menú de escritura de posts e páxinas.Recomendado a todos os que tendes un blog con este sistema que actualicedes (non vos esquezades de facer un backup da base de datos por si acaso….)

Adeus Automatix, Adeus…
Parecía algo cantado, e finalmente ocorreu. A verdade e que con cada versión de Ubuntu, o programa Automatix tiña menos sentido. Para os que non coñezdes este programa decirvos que hay un par de anos era unha aplicación moi socorrida que facilitaba moitisimo a instalación de programas, codecs, plugins e drivers en Ubuntu. Agora Ubuntu xa conta con xestores de instalación de codecs nos programas que os utilizan, xestores de controladores restrinxidos e a ferramenta de Agregar e quitar programas suple o resto.
A xente de Automatix seguirá dando soporte para as versións do seu programa por uns meses, pero non haberá versión para Hardy Heron. Polo que lin por ahí, unironse a peña de Ubuntu para colaborar no desenrolo deste último.

FONTES: UBUNTIPS e ENTRE TUXES Y PEPINOS
No commentsAndrés do Barro forever
Aqui tendes uns videos do mítico Andrés do Barro:
Andres Do Barro vs The Doors
Andres Do Barro vs Iggy Pop
Andres Do Barro vs Beatles
Os videos estan montados por Ultramarinho e se pinchades neste enlace poderedes ver todos os seus videos, que non todos son de Andrés do Barro
No comments


