Archive for February, 2008

¿Paga a pena ter un Blog?

February 21st, 2008 | Category: Caralladas Varias

Comento esto por que as veces preguntome si estou escribindo para o aire. Dame a impresión que o meu blog non o lé nin lle interesa a ninguén e as poucas visitas que teño son peña que busca cousas co google.

Co pouco tempo que teño libre preguntome se debo perdelo neste blog…

No comments

Emesene, por fin podemos enviar archivos!!!!

February 18th, 2008 | Category: GNU/Linux, Software Libre

Os que usamos o messenger a diario (no meu caso mais que nada por motivos de traballo), sabemos que é unha ferramenta super util. En GNU/Linux temos varias alternativas, das que as mais salientables son o PIDGIN, que permite a conexión nun so programa e a vez de varios protocolos de mensaxería instantanea (por exemplo podes ter o msn, yahoo e gmail a vez); o AMSN, que quizais sexa o mais desenrolado e completo de todos, pero que adoece dun rendemento moi pobre e multitude de colgues; e por último o EMESENE, que ten as ventaxes de ser moi lixeiro en recursos, ser bastante estable, pero que ata o de agora non permitía enviar archivos, o que tiraba para atras no seu uso.

Na versión 1.0 que acaba de sair fai nada podemos disfrutar de esa caracteristica, pero aparte temos outras caracteristicas importantes como unha boa cantidade de plugins, moitas opcións de personalización, navegación por pestañas nas ventás de conversación, e todas as caracteristicas básicas de Windows Live Messenger.

Emesene

Se queredes instalar este "peacho de programa" e tendes Ubuntu ou derivados so tendes que abrir unha consola é escribir os seguintes comandos:

sudo gedit /etc/apt/sources.list

Na ultima liña añadides o repositorio de EMESENE:

###EMESENE

deb http://apt.emesene.org/ ./ 

Gardades o archivo sources list e despois tecleades:

sudo aptitude update

e por ultimo:

sudo aptitude install emesene

Todo listo, xa podedes iniciar e configurar o programa o noso gusto en Aplicacións –> Internet –> Emesene

No comments

Innotek (VirtualBox) adquirida por Sun Microsystems

February 13th, 2008 | Category: Informática, Software Libre

Sun acaba de mercar a compañia responsable de VirtualBox, o coñecido software de virtualización que soporta numerosos sistemas operativos. Trala compra do xigante informático de MySQL, o seguinte paso e a virtualización.

Según parece queren chegar con estes movementos os PC's convencionais, xa que para as suas máquinas e servidores teñen o xVM. Tratase de dar unha solución para os equipos de escritorio e portátiles.

Eu so espero que esta adquisición non acabe cun proxecto de soft libre (a pesares de ter a versión propietaria tamén) que tan util me é a diario.

VirtualBox

Fonte: ENTRE TUXES Y PEPINOS

No comments

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking