Archive for January, 2008
Pubricado Ubuntu 8.04 Hardy Heron Alpha 4
Durante o dia de hoxe poranse nos servidores a cuarta alpha da proxima versión de Ubuntu (quedan duas alphas mais e duas betas ate chegar a versión final no mes de abril). A parte dos notables cambios que xa mostraba a anterior alpha nesta hai tamen moitos, pero no referente os programas que utilizará a distribución. Os mais importantes son:
-Transmisión como programa P2P de Bittorrent, sustituindo gnome-btdownload. Este xestor de descargas bittorrent permite ter varias descargas simultaneas nunha soa ventana e cun gasto razonable de recusos en contraposición a outros xestores como por exemplo Azureus.
-Vinagre sustituirá a vino como programa de escritorio remoto, sendo este moito mais completo e comodo de usar con caracteristicas tales como gardar “marcadores” das conexións mais usadas, historial, pestañas das diferentes conexions, etc.

-Para grabar CD’s e DVD’s utilizaremos BRASERO en troques de Serpentine. O primeiro a pesar de ser moi sinxelo ten algunha opción mais (ainda que eu quedome con K3B de cabeza, a pesares de ser desenrolado para KDE)
- Reloxo Mundial no e poderemos ver a hora en diferentes cidades do mundo (¿?¿?¿?¿?…util?)
-GVFS: tratase dunha capa de abstracción do sistema de ficheiros virtual que sustituirá a Gnome-VFS. Permitirá pausar, retomar, dar privilexios a certas operacións baixo supervisión do PolicyKit. Tamén proporcionará unha mellora significativa con respecto o rendemento das operacións con ficheiros.
-A pestaña de recursos do Monitor do Sistema cambia de apariencia e agora presenta un aspecto moito mais claro e proporciona moita mais información
-Melloras na virtualización (KVM) adaptando a Ubuntu e mantendo oficialemte por ubuntu kernel, e incluido modificacións que permiten melloras na Entrada e Saida a os sistemas hospedes.
-Tamen se inclue o UFW (Uncomplicated Firewall), como sistema cortafogos de Ubuntu
Aqui tendes o enlace para descargar a Imaxe de CD de Ubuntu:
Ubuntu 8.04 Hardy Heron Alpha 4
FONTE: ENTRE TUXES Y PEPINOS
1 commentXa podemos mercar os Dell con Ubuntu en España
Como xa comentara hai uns meses, o fabricante de PC’s DELL, comenzara a vender algúns dos seus modelos de sobremesa e portatiles co UBUNTU 7.10 preinstalado o que supuxo unha autentica revolución, pero ata o de agora so se podían conseguir en Estados Unidos, Reino Unido, Francia, Alemania (non sei se hai algún mais). Hoxe vexo en Ubuntips a esperada nova de que moitos dos amantes do software libre no estado español esperaban e levaban pedindo meses. Como sabedes, DELL é un dos maiores fabricantes de PC’s do mundo, e con este movemento comercial rompe definitivamente unha tendencia, que ata o de agora nos obligaba a mercar unha licenza de Microsoft Windows ainda que non a quixeramos. Os modelos que podemos comprar polo de agora con Ubuntu son o Inspiron 530e e o XPS 1330

Novas direccións do Blog: http://oblogdeleo.tk e http://oblogdeleo.cjb.net
Como a dirección que me da o servidor de Lycos é un pouco complicada, creei duas novas redireccións en DOT.TK e CJB.NET para facilitar as cousas a hora de recordar o nome da páxina. É unha pena que non sexan un .com, .net ou .org, pero como no caso do servidor son uns servicios gratuitos, e o malo é que meten propaganda na parte superior da páxina (polo menos o de DOT.TK). Xa sabedes, que se non a queredes podedes entrar ca dirección de sempre (http://usuarios.lycos.es/leillo1975/), e así so vedes a publi do servidor (que é bastante mais discreta). Recordade:
No comments¡¡¡ Que Cona Pasa !!!
Dende fai uns dias este blog de wordpress non funciona e mostra unha mensaxe de erro que non pode conectarse ca base de datos. Supoño que será por que ten problemas ou estan a facer cambios en lycos. É o que ten os servidores gratuitos, pero non se lle pode pedir peras o plataneiro, ¿verdade?

Micropolis, o Simcity Liberado
Recentemente liberouse baixo lizenza GPLv3 un dos clasicos mais orixinais e que mais repercusion tivo na historia dos videoxogos. Tratase do "mitiquisimo" SIMCITY, que neste caso, por razóns legais, liberouse co nome de Micropolis. Ainda recordo os meus tempos co meu vello Amstrad PC 8086 de 8 Mhz, esperando a que cargase o diskette do xogo, e logo cagarme en todo cos incendios e Gozilla. A verdade e que pasei montons de horas con este videoxogo.
A razón de esta liberación e a de donalo para o proxecto OLPC do que falamos en numerosas ocasións neste blog. Para esta versión fixeronse numerosos cambios por Don Hopkins. Tamén se trocou o linguaxe de C a C++ con Phyton. Se queres descargar o código fonte preme aquí.
Fonte: AGNIX
Actualizado: Tendes o paquete .deb para Ubuntu en GETDEB
Nota: Se vos queda bloqueado o presentar a pantaia de menú e que tendes o Num Lock pulsado. Arrancade a aplicación desactivandoo.
1 comment




