Archive for December, 2007
Entrevista a Richard “Dios” Stallman en Publico.es
Deixovos o enlace a entrevista que lle realizou o diario público a RMS. Decir que esteou dacordo o 100% con todo o que se dí nel. Para ir o artículo, preme aquí
No comments¿O novo tema de Ubuntu para Hardy Heron?
Non está nada mal, a verdade é que está bastante chulo e currado, ainda que a esquema de cores segue a ser mais ou menos a mesma, quizais un pouco mais escura, pero na misma liña, mantendo a personalidade de Ubuntu. Non representa un cambio moi notabel no que é o esquema de cores, pero si nas liñas, que é donde realmente se ve o traballo do equipo. Non é seguro que este sexa o tema predeterminado da distribución, pero é unha das posibles liñas a seguir. Deixovos unha captura para que xulguedes vos mesmos:
Fonte: Blog de Marcelo Ramos
Coñecendo un pouco sobre os servizos do noso sistema
Onte dandome unha volta diaria por polos meus marcadores atopeime este artigo en AGNIX. Xa coñecía alguns dos servizos que nos presta o sistema opertivo de manuais de optimización, pero non todos. No artigo en cuestión hai un enlace a outro artigo en Inglés onde se describe cada un deles, explicandonos para que son e si podemos activalos ou desactivalos. Isto está moi ben por que nos permite aforrar parte dos recursos do noso ordenador e non estar dedicandoos a tarefas que non precisamos.
Por exemplo, no meu querido Ubuntu, podemos desactivar algúns deles en Sistema -> Administración -> Servizos, pero non todos. Para elo proponnos duas aplicacions de consola que nos facilitan moito ese traballo como sysv-rc-conf e sysvconfig. A primeira delas está moi ben por que nos permite desactivar estos servizos por Niveis de Execución, pero o segundo ten unha interface mais sinxela e axeitada.
No comments¿Será momento de pasarse a KDE?
Non, non me volvín tolo. Ata o de agora sempre me considerei (e considero) Gnomeiro, pero onte tiven a oportunidade de probar a "release candidate 2" do novo KDE 4 nun LiveCD de OpenSuse, e a verdade e que me gustou moito. Atopo varios aspectos positivos nesta versión do escritorio, aparte doutras cousas, como pode ser:
- O consumo de recursos un 39% menor que a version anterior ca actual, cifra que ainda pode ser mellorada na versión oficial. É bo pensar que non teremos que ir pensando en cambiar de equipo para traballar de forma fluida, senon todo o contrario. De todas formas, ¿consumirá menos que Gnome?
- Todo esta moito mais ordenado e vistoso ca antes, con efectos moi chulos.
- KDE e un proxecto de desenrolo europeo, e GNOME é americano. Ainda pra mais hai que oir perlas por parte do señor Icaza defendendo o estandar "aberto" de Microsoft, o OOXML.
¿Será o momento de pasarse a KDE? Por suposto haberá que probala e reprobala antes de lanzarse a instalala. Esperaremos a versión final o 11 de Xaneiro …o que si está claro e que a peña de Gnome ten que porse as pilas senon vanlle comer as papas.
2 commentsDuas boas novas
Vaiamos por partes:
A primeira delas é que xa foi pubricada a versión 8.04 Hardy Heron Alpha 1 de Ubuntu (seguro que xa estades hasta as narices de leelo en todo-los blogs habidos e por haber, pero eu non son menos…), e decir que polo de agora non ten moitas novidades, ainda que a maís chamativa é realmente importante. Cando saiu a versión actual xa se incluira a versión 7.3 do X.org, pero non dera tempo a integrala ca ultima versión do x.server (1.4) garantizando un bó funcionamento (ainda así non funciona moi ben que digamos, é unha opinión persoal). O xuntar estos dous elementos conseguimos soporte para RandR 1.2 e o hot plugging de periféricos de entrada, non so de saida, así como un mellor funcionamento cando usamos monitores duais (que me digan como facelo cunha matrox g400).

A parte de esas melloras, inclue tamén as últimas versións de programas como o GIMP (2.4.2), e a versión 2.21.2 de GNOME. Non hai cambios no Kernel quedandonos no 2.6.22.14. Podedela descargar no seguinte enlace:
Ubuntu 8.04 Hardy Heron Alpha 1
A segunda é que xa saiu a versión 1.0.0 do driver RadeoHD para tarxetas ATI. Recordamos que este é o famoso driver libre desenrolado por peña de ATI/AMD e Novell. Este driver ainda esta en bragas e so se recomenda usar para facer probas xa que ainda non soporta aceleración 2D nin 3D, tampouco XVideo, HDMI nin TV; pero xa soporta a autodetección de monitores (o hotplugin) e reconfiguración dinámica, soporte para paneis VGA, DVI, DMS-59 e de laptop, ademais de ser totalmente compatible con RandR 1.2, e parcialmente con RandR 1.3. A ver si o tema desde driver vai polo bo camiño, pois antes tiña unha 9800 XT e remato de comprar unha HD2600 Pro, si é que non aprendo…. Aqui tendes un sitio para baixala:

Fonte: AGNIX
No comments





