Archive for October, 2007
Por si alguén lee o meu blog…
Por si queda alguén, decir que o blog non está abandonado. Simplemente que ultimamente non teño tempo para case que nada e non podo postear temas como antes, xa que teño un exceso de traballo que me impide tomarme un momento co blog. Supoño que nun periodo curto de tempo todo volverá a normalidade e volverei a publicar cousas.
Un saudo a todos
No commentsA conselleria de Industria esixe software libre os seus proveedores
Os poucos comezase a ver avances na implantación de software libre na nosa terra. Industria está a pedir que os seus proveedores monten equipos que incluan OpenOffice, Firefox, Thunderbird e Gimp. Como todos sabedes este programas de Software Libre son facilmente traducibles o noso idioma, traballo que de xeito admirable fai a xente de Mancomun.org, un proxecto financiado pola Xunta de Galiza. Estes equipos en principio irían a parar a Rede de Dinamización do Rural Galego (un programa contra a fenda dixital no rural).
O triste e ver que por outra banda, a consellería de Xustiza encargou 420 equipos multifunción compatibeis con Micro$oft Windows. O problema creo que reside no reparto das consellerías entre PSdeG e BNG, e non penso facer mais comentarios, que logo dinme que fago política, informádevos vos mesmos. Como vemos ainda queda moito por avanzar…. pero pouco a pouco.
Fonte: VIEIROS – Gracias a "Juane" pola noticia
No commentsMicrowulf, o macrocomputador mais pequeno do mundo
Asi se chama o proxecto dun estudiante da universidade de Kentucky e o seu mestre (Tim Brom e Joel Adams respectivamente). A parte de ser o mais pequeno do mundo tamén é o mais barato xa que se pode construir con so 2570$ (1835€) con hardware facilmente atopable no mercado.
A sua estructura está formada por catro placas base cun micro dualcore montado en cada unha e unidas entre si por un Switch gigabit de 8 entradas. A forma de montar os compoñentes podedes vela nesta foto (pinchade nela para vela con mais calidade):
A sua capacidade de cálculo duplica o coñecido Deep Blue de IBM que venceu a Gari Kasparov no ano 97. O sistema utiliza Ubuntu como sistema operativo (como vedes tremendamente orixinal e raro) e podese instalar en calquera lugar debido a disposición dos compoñentes en forma de torre.
Se queredes mais información sobre o proxecto pinchade aqui .
Fonte: AGNIX
No comments


