Archive for September, 2007
Xa saiu a Beta de Ubuntu 7.10
Con un dia de retraso e sen poder probala ainda, comunicovos que xa está pubricada a versión Beta previa o lanzamento oficial dentro duns vinte dias (que ganas lle teño para instalalo no choio). Esta versión xa case que e definitiva e a partires dagora a maior parte dos cambios serán solucionar bugs. Novidades con respecto a ultima alpha non hai case, so cabe destacar a inclusión do GNOME, polo demais é case igual. Tamén é de destacar a saida de versións en DVD con moitos mais paquetes, que a verdade e que non sei que incluen (se algúen o sabe que por favor faga algún comentario).
Os enlaces para as descargas das ISO's son os seguintes:
Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon) Beta Desktop i386 (ISO) (687 MB)
Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon) Beta Desktop amd64 (ISO) (678 MB)
Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon) Beta Alternate i386 (ISO) (700 MB)
Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon) Beta Alternate amd64 (ISO) (698 MB)
Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon) Beta DVD i386 (ISO) (4200 MB)
Ubuntu 7.10 (Gutsy Gibbon) Beta DVD amd64 (ISO) (4300 MB)
No commentsNova versión de GNOME, a 2.20
Acaba de pubricarse a nova versión do mellor escritorio (segun un servidor) para GNU/Linux e outros sistemas derivados do UNIX e segundo a nota de lanzamento inclue as seguintes novedades:
-soporte de idiomas con escritura de dereita a esquerda mellorado (como por exemplo o árabe)
-búsqueda do escritorio integrada dentro do diálogo do selector de archivos
-novas características oportunas no cliente de correo e calendario Evolution
-mellora do examinado das coleccións de imaxes
-simplificación do sistema de preferencias
-xestión eficiente da enerxía e unha monitorización para a batería dos portátiles increíblemente precisa
-os desenroladores obtén mais axuda co desenrolo das aplicacións grazas á nova versión do toolkit GTK+, ferramentas melloradas e un nuevo e gran sitio de documentación en liña.
Estas son algunhas das novidades, se queredes velas todas visitade a páxina do proxecto. Agora so queda esperar que se inclua na nova versión de Ubuntu do mes que ven.
Fonte: BARRAPUNTO
No commentsUSB 3.0 será 10 veces mais rápido que a versión actual.
Ao menos é o que asegura a xente de Intel xunto coa de HP, Micro$oft, NEC Corporation, NXP Semiconductors e Texas Instruments. Xuntos pretenden impulsar o desenvolvemento do novo estandar.
Esta nova versión do conector mais coñecido e versátil permitirá un ancho de banda 10 veces mais grande que 2.0 (480Mbits/segundo). Esto conseguese coa mellora sustancial dos protocolos de comunicación e o uso de fibra de vidrio nalgúns dos seus compoñentes. A parte desto é suliñable que baixará o consumo de enerxía e que será totalmente compatible cos modelos anteriores.
Este tipo de conexión estará listo entre mediados de 2008 e 2009
Fontes: NOTICIASTECH e THE INQUIRER
Mais información sobre USB en Wikipedia
No commentsO prometido é deuda: AMD/ATI
Como fai uns días comunicaba AMD/ATI, liberouse toda a documentación para facer os drivers das tarxetas gráficas. En total son unhas 900 paxinas repartidas en dous PDF's e podedes descargala dende aqui. Recordovos que a documentación é moi tecnica e so comprensible para programadores avanzados. Esperamos impacientes os novos drivers Open Source.
Tamén decir que os drivers propietarios dos que tamén falabamos hai uns dias xa estan dispoñibles (8.41.7) e supon un aumento moi considerable no rendemento (entre o 50 e o 90%) das tarxetas. Polo dagora ainda non soportan AIGLX, polo que Compiz Fusion non funcionará correctamente, pero o mais probable é que o proximo mes na versión 8.42 xa teñamos esa caracteristica integrada.

Ubuntu traerá Compiz Fusion por defecto
Finalmente a nosa distribución favorita (polo menos a miña) virá co escritorio con efectos de Compiz Fusion , polo que parece que as probas que se fixeron nas Alpha Tribe serán definitivamente incluidas.
Segundo Travis Watkins (mais coñecido como Amaranth) agora mesmo hay unha lista de 12 erros menores que correxir con compiz, que a maioria non deixan de ser problemas de configuración. En caso de non funcionar o sistema escollería por defecto a actual, que é Metacity. Tamén si queremos podemos escoller este último si non nos gusta Compiz (cousa que dudo) ou si queremos mais rendemento para o noso ordenador, xa que estes efectos consumen algúns recursos extra.
Fonte: Entre Tuxes y Pepinos
No comments

