Archive for July, 2007

O OLPC no Campus Party

July 31st, 2007 | Category: GNU/Linux, Informática, Software Libre, Tecnoloxía, Xeral

Marcelo Tosatti, membro do organizacion do OLPC, estivo na Campus Party de Valencia amosandonos unha unidade xa definitiva do portátil dos 100$. Como podemos ver no video, o portátil está totalmente enfocado tanto en Hardware como en Software para os nenos de paises non desenrolados que doutra forma non poderían acceder a informática. Non me explico mais, mellor que vexades o video:

Imagen de previsualización de YouTube 

No comments

GNU/Linux, reciclaxe e solidariedade en Vigo

July 30th, 2007 | Category: GNU/Linux, Informática, Software Libre, Tecnoloxía, Xeral

Acabo de ler en GALPON que Faro de Vigo, o pasado Xoves, 26 de Xulio publicou un par de artigos sobre as actividades do colectivo GRUVI (Grupo de Reciclaxe Informática da Universidade de Vigo) en colaboración ca antes mentada GALPON. O artigo falaba sobre que os equipos que a Universidade de Vigo non precisa por estaren desfasados, son donados a GRUVI e estos encarganse de reparar é darlles un novo uso. A estes equipos instalaselle GNU/Linux e son donados a entidades sen animo de lucro como Enfermos Pobres de Teis, Down Vigo, Asociación Galega contra o Narcotráfico, ou Afibropo, o colectivo de fibromialgia e fatiga crónica da provincia de Pontevedra.
É bonito ver como na miña cidade hai iniciativas solidarias coma estas e co software libre de fondo.

GRUVI

Deixovos o enlace da Fonte e os enlaces das noticias do Faro de Vigo:
Fonte: “GALPon e o GRUVI no Faro de Vigo”
Noticia 1: “La Universidad recicla unos cien ordenadores y monitores para donarlos”
Noticia 2: “De ‘calderetas’ a sistemas eficientes para la gestión”

No comments

Plugins do Wordpress.com

July 30th, 2007 | Category: Xeral

O pasarme de Wordpress.com a un wordpress “selfhosted” incluin algun novo plugin e widget (como os de LastFM na barra lateral), pero perdín algúns que realmente estaban “de P**a Malder” como o Snapshot nos enlaces, o editor de textos visual para escribir os posts, ou de por os videos de youtube entre (puxen un, pero como podedes ver non acaba de funcionar ben de todo, pois a maior parte deles non os presenta na pantalla e non sei por que). Gustariame saber cales son os nomes deses plugins para poder incluilos.

Saudos

No comments

Autofelicitación

July 28th, 2007 | Category: Caralladas Varias, Informática

Bueno, acabo de ler que onte foi o Día Mundial dos Administradores de Sistemas (e eu sin enterarme, si o sei antes non vou traballar….jejeje, seguro que lle chistaba moito o meu xefe). Polo menos que se acorden de nos un día o ano está ben, pois moita xente parece que non se da conta de que case que todo funciona gracias a nos, e que somos unha peza básica nas empresas (esto vai polos enxeñeiros que se creen “los reyes del mambo“).

Como lin en BARRAPUNTO vou por os 10 mandamentos de todo bó ASI:

1. Non esquezas a tua clave.
2. Arregla a impresora ti soliño.
3. Cando recibas unha mensaxe tiduada "Critical System Updates Available", non a ignores. Actualízate (Añado: Sobre todo si é Windows...polo que poida pasar).
4. Non deixes o portátil descuidado.
5. Usa 'sudo', non 'root'.
6. Si onte funcionaba, algo cambiaches. Confesa.
7. Asegúrate que todo esta enchufado.
8. RTFM (Read The Fucking Manual)
9. Non executes o ficheiro .exe que che acaba de enviar o teu novo amigo.
10. Si é venres a última hora, deixao estar. Pode esperar ata o luns.

No comments

O OLPC xa está na cadea de montaxe

July 23rd, 2007 | Category: GNU/Linux, Tecnoloxía, Xeral

Despois de 5 anos de esforzos e atrancos (Intel boicoteou ata fai pouco o proxecto, pero o final aliouse…a mala publicidade, xa se sabe), o portatil dos 100 $ xa está na sua fase de producción masiva. Tralo visto bo dado por os fabricantes de Hardware non hai nengún impedimento para a sua fabricación e estará dispoñible nos paises que o demanden (e non estén na lista negra dos Estados Unidos, pois ten que respetar por desgracia as leises americanas) a partires de Outubro do presente ano.

O portátil conta con mais de 800 componentes de Hardware e será montada nas factorias do maior fabricante de portátiles do mundo, Quanta.

Noticia extraida de THE INQUIRER Edición Española

No comments

Next Page »

Traducir Castelán-Castellano Ubuntu: For Desktops, Servers, Netbooks and in the cloud Software tracking