Archive for June, 2007
Mais pequeno ainda, unha computadora nun USB
Se fai uns dias comentabavos que podíamos levar o noso sistema operativo nun USB con QEMU, agora falovos dun ordenador totalmente funcional nun USB. A empresa alpina CALAO diseñou un minusculo sistema SBC de nombre”USB-9260″, basado na arquitectura ARM, co Kernel Linux 2.6.
Este microordenador ten un procesador ARM926EJ-S a 190 MHz con 64 Mb de SDRAM e 256 Mb flash, e inclue tamén un porto Ethernet 10/100 e dous conectores USB 2. A empresa informa que pronto estarán no mercado, ainda que non aclarou cal sería o prezo. Deixovos unha foto do deseño para que vos fagades unha idea.

Noticia tomada de VivaLinux!
No comments¡¡¡ Novo Record !!!, IBM supera o PetaFLOP
Ainda que algúns lle poida sonar un pouco mal esto do “petaFLOP” (en que pensades…), resulta que se trata do novo supercomputador que ten en en mente IBM para deixar atras o seu Blue Gene/L. Este novo “modelo” pasaría a chamarse Blue Gene/P.
Este sistema petaFLOP (1015 FLOPS) constaría de 294.912 núcleos dispostos nun sistema de racks de 72 elementos, e unidos por unha rede óptica de alta velocidad (casi ná!). O novo sistema podería ampliarse a 3 petaFLOPs, sendo para eso necesario chegar os 884.736 procesadores nun cluster de 216 racks.
Un petaflop equivale a 1.000 billons de operacions por segundo. Según nos di IBM, o sistema é 100.000 veces mais potente cun PC de sobremesa. Cada procesador de Blue Gene/P está composto de 4 IBM PowerPC a 850 MHz. Cada un deles é capaz de realizar 13.600 millóns de operacións por segundo. Cada unha das placas de 60×60cm. está composta por 32 procesadores e cada Rack leva 32 placas… aver, facendo contas, cada Rack tería 1024 procesadores ou 4096 núcleos (4 núcleos * 32 procesadores * 32 placas * 72 racks = 294.912 núcleos). Salientable decir que o sistema funcionará coa distribución GNU/Linux SUSE. INCREIBLE-BLE!!!!
Noticia Orixinal tomada de The Inquirer edición Española
No commentsDuas mais de Ubuntu
A primeira é que xa se fixeron públicas as especificacións da futura Ubuntu 7.10 Gutsy Gibbon. Aquí vos deixo algunhas das novidades:
-Kernel 2.6.22
-X.org 7.3
-GNOME 2.20 (os Kubunteiros KDE 3.5.7, ainda que tamén incluirá KDE 4.0 RC2)
-Terá Compiz-Fusión de serie para as configuracións de Hardware que o soporten
A outra nova é para postear as direccións de varios libros online sobre Ubuntu (sacado de AGNIX). Pulsade sobre a portada de cada un dos libros para velos:
No commentsO proxecto CompComm xa ten nome oficial Compiz Fusion
Hai uns dias publicaba a noticia de que a xente de Compiz e Beryl uniranse para crear un escritorio con efectos como dios manda, e que provisionalmente o proxecto chamabase CompComm. Agora acabase de facer público o nome do proxecto, que contra todo pronostico non se chamará Coral (como asi parecía nas votacións….ummmm, pouco democráticos estos tios) senón que se chamará Compiz Fusion. Tamén decirvos que os que o instalastes co script que viña no post en castelán, que o desinstaledes ("./makeccc uninstall" no directorio donde teñades o script) e dende o mesmo post os baixedes un novo script (makefusion), e seguindo os pasos o instaledes todo de novo, pois ten alguns cambios. Deixovos con outro video do proxecto onde se explican cada un dos novos efectos
No comments
Xa temos ZFS para GNU/Linux
Tras todo o rebumbio que se montou coas declaracións por parte de SUN sobre que Leopard utilizaría ZFS, e o desmentido por parte de Apple decindo que non sería o sistema de arquivos por defecto, e so funcionaría en modo lectura, agora confirmase que tamén se poderá disfrutar de deste sistema en Linux.
Este sistema non virá implementado no kernel (a sua licencia non é aberta, pero non compatible con GPL), senón que se executará como un proceso de usuario mediante o subsistema FUSE. Eso non vai a representar ningún problema, pois FUSE funciona bastante ben. O que si hay que pulir é o seu rendemento.
No comments
