Archive for May, 2007
Construe un Linux a tua medida
Acabo de ver na Web de Mancomun.org que na páxina de Nimblex é posible facer a tua propia distribución cos paquetes que ti escollas. A web xenera unha imaxe LiveCD e logo dache o enlace para que poidas descargala. Nimblex está baseado na distro Slackware. Eu xa me construín unha. Xa vos contarei que tal nos comentarios….
No comments¿¿¿Como sería HaseCorp no ano 1936???
Perdendo o tempo un pouco por YouTube atopeime este video que me fixo bastante gracia.
Increible o do señor Ballmer, nin que copiara os xestos…..
No commentsFrets on Fire en Galego!!!
O meu xogo favorito GNU/Linux xa está traducido ó galego. Tratase de Frets On Fire, que é un clón do Guitar Hero das consolas. Consiste en tocar cancións (trae so 3 pero podense exportar as de Guitar Hero) co teclado. Existen versións para Windows e Mac tamén. Se queres descargalo pasate polos foros das CiberIrmandades da Fala. Deixovos un par de videos para que vexades como é o xogo e como se xoga co teclado.
Fonte www.mancomun.org
No commentsDocumento Irrepetible…Dolores!!!!
Mirando un pouco por YouTube atopeime este video dunha actuación dos Suaves na televisión de Galicia fai bastantes anos. Como podedes ver ainda estaba Hermes, o mitico guitarrista de cor dos Suaves.
Ainda me acordo daquel mitiquisimo concerto en Redondela no ano (merda, xa non me acordo, creo que no 94-95) cos meus colegas Larry e Pablo. Seguramente o mellor concerto dos Suaves que vin nunca.
Aqui tendes un anaco de historia da banda de Rock mais grande que deu Galicia nunca é das mellores de España. ¡¡¡¡SEMPRE SUAVES!!!!
Xa están a venda os Dell con Ubuntu preinstalado
Seguro que xa estades ata as narices de ler o mesmo en todas as páxinas de noticias e Blogs, pero a importancia da noticia e tal que non podía deixar escapar a oportunidade de publicar este evento no meu espacio. Tendes que ter en conta que este acontecemento e un hito para o mundo do Software Libre, xa que Dell é un dos grandes fabricantes de PC’s no mundo.
Os equipos con Ubuntu preinstalado son 3 (dous de sobremesa e un portátil) e estan dispoñibles a partires de 600 $ (muy bó prezo). Os de sobremesa son XPS 410n e Dimension E520n, e o portátil é o Inspiron E1505n. Podelos ver na foto (pinchade nela para ver en grande):
Tamén é importante salientar que Dell probablemente ofrecerá soporte para Ubuntu coa colaboración de Cannonical Ltd e que esta animando os fabricantes de Hardware a crear drivers para Linux.
No comments

