Archive for the 'Software Libre' Category
Xa me chegaron!!!
No dia de onte chegaronme os CD’s da nova versión de Ubuntu, Karmic Koala (9.10). En total 10 CD’s “orixinais” coa sua fundiña de cartón, listos para distribuir no meu traballo entre os mestres. Probablemente a maioria acaben no lixo ou nunha estantería collendo pó, pero conformome co que un só deles atrevase a probalo nalgún dos seus equipos. Gracias a isto xa conseguín, que algunha persoa polo menos teña un arranque dual con Ubuntu. Deixovos unha escaneada da funda dos CD’s:

Xa esta aqui…..
Xa está dispoñible para descargar a versión definitiva de Ubuntu 9.10 Karmic Koala. Conta con bastantes novidades:
- Un Look mais estilizado cun novo SplashScreen, novos temas, novos fondos de pantalla, nova pantalla de Logon, novas Iconas…
- Consolidación do sistema de ficheros Ext4 como predeterminado
- Mellores tempos de arranque que permiten disfrutar do noso sistema operativo moito mais rápido ca antes.
- Grub2 que fai que o menú de arranque sexa moito mais personalizable
- Ubuntu One integrado no sistema para aloxar arquivos na nube.
- Centro de Software de Ubuntu, que sustitue o Engadir e quitar programas (a min non me convence de todo)
- Empathy sustutue a Pidgin coma cliente de mensaxería.
- Ekiga desaparece
- Agora o proceso de instalación gráfica mostra información sobre as caracteristicas de Ubuntu mentras esperamos a que se instale o sistema.
Estas son algunhas das novidades que temos nesta nova versión, e recomendo actualizar ( sudo update-manager -d ) ou instalar de cero canto antes.

Se queredes descargar a ISO da versión de escritorio pinchade neste enlace. Tamén están as versións Server, Notebook Remix, Kubuntu, Xubuntu, etc
No commentsKarmic e os repositorios
Sempre foi un autentico coñazo o tema de actualizar os repositorios, e maldito tema das claves GPG. Ata o de agora en Ubuntu había duas formas diferentes de añadir repositorios. Unha era abrir o archivo /etc/apt/sources.list, e añadir manualmente a liña do repositorio. Logo había que añadir coa consola a clave GPG e actualizar con sudo apt-get update.
Outra forma de facelo era graficamente indo o menú en Sistema-> Administración-> Orixes do Software e ir a pestana Outro Software. Logo había que meter a clave GPG en Autenticación.
Calquera dos dous métodos é un autentico tostón, pero na próxima versión de Ubuntu, Karmic Koala (que por certo teño a beta instalada dende fai mais de 15 dias e vai xenial) temos outra opción moito mais sinxela. Simplemente temos que saber o nome do repositorio no PPA e añadilo cunha simple liña de código nunha consola. Engadirá automáticamente a clave GPG. A liña en cuestión é:
sudo add-apt-repository ppa:Nome_Repositorio
Se quixesemos facer esto de forma gráfica podemos facelo en Orixes do Software, na pestana Outro Software e engadir:
ppa:Nome_Repositorio/ppa
O mais caralludo de todo esto é que, con este novo sistema non modificamos o sources.list orixinal, senon que crea un directorio sources.list.d dentro do cal garda, unha por unha, as novas entradas dos repositorios. Esto é moi positivo, por que o archivo orixinal non é modificado por si ocurrise algún problema.

Fonte: GENBETA
1 commentNon teño nada que decir… mellor calar
Simplemente lede esta nova:
A Xunta desfai os proxectos tecnolóxicos do bipartito
Nunca pensei que foran tan ruíns, ou tan paletos. Pero bueno, así nos luce, o malo é que por culpa de “moitos” , os “poucos” temos que sufrir as consecuencias da ignorancia. Como di alguén que eu coñezo “Paus, paus é o que fai falta“

Gracias Juane polo enlace
No commentsNova versión do mellor reproductor: Listen 0.6.3
Acaba de sair unha nova versión do meu reproductor de archivos de audio favorito, LISTEN. Tratase da 0.6.3, que corrixe moitos bugs e ten as seguintes cambios :
-soporte para replaygain (solo lectura)
-soporte para magnatune
-soporte para listas de reproducción psf
-menor uso de memoria
-moitos bugs correxidos
Este programa escrito para GNOME conta con incontables virtudes como a descarga automática de caratulas, a organización dunha biblioteca de archivos de audio, as listas dinámicas de reproducción, visualización de letras das cancións, así como a información en Wikipedia, estatísticas, radio online, AudioScrobbling e información de Last.FM, e moitas cousas interesantes mais.
O mellor que podedes facer e probalo vos mesmos (non vos deixedes enganar pola apariencia externa do programa). Se queredes facelo tendes os paquetes .deb, ou senón o código fonte para compilar.

Noutras ocasións falei deste programa:
1 comment
