jun 29
Cambio de dirección da páxina
Debido a diversos problemas o blogue cambia de dirección e servidor
A nova dirección é :
Recomendovos que actualicedes os vosos favoritos, si é que alguén me concedeu ese honor
7 commentsjun 22
¿Botabas en falta algo en Unity?
Pois eu si que notaba algo. Cando usaba Gnome tiñá na barra de ferramentas inferior o applett do monitor do sistema que me informaba do consumo de recursos do ordenador e províñame dun acceso directo rápido a aplicación “susodicha”.
Coa chegada de Unity, o non poder engadir appletts facilmente a barra de ferramentas superior era mais atravesado. Pero hoxe atopei unha pequena aplicacioón que se pon na bandexa do sistema que provee de información tal como a carga do sistema, tanto gráficamente coma un icono animado, como porcentualmente; así como datos sobre o uso da memoria, disco, swap, rede, e un acceso directo o monitor do sistema. A aplicación integrase de forma perfecta con Unity e é totalmente minimalista. Chamase SysPeek .
Se queredes instalala soamentes tendes que executar nunha terminal as seguintes liñas:
sudo add-apt-repository ppa:vicox/syspeek
sudo apt-get update && sudo apt-get install syspeek
Espero que vos sexa tan útil como é para min.

23 comments
jun 10
Dous tios “enrollaos”
abr 28
… a ver si nos acostumamos: chegou Natty Narwhal
Preguntaredesvos o por que do titulo, pero xa sabedes que son un pouco escéptico ca inclusión de Unity na nova versión de Ubuntu que acaba de sair fai horas.
Como de costume informo sempre das novas versións, pero con esta chegou a polémica. O novo escritorio da “peña de Cannonical” esta a ter tantos fans coma detractores. Eu a verdade ainda non me acabo de decantar por uns ou por outros, pero a verdade é que non me acaba de convencer esta novidade.
A parte disto temos moitas novidades en paquetes incluidos na distribución, como é a sustitución de Rhythmbox por Banshee (eu quedaría con Exaile ou Guayadeque, ainda que si recoñezo que Banshee é mellor que o seu predecesor); Openoffice por LibreOffice (si señor, que aprendan os “guays” de Oracle), Firefox 4 (prefiro Chromium) e a nova versión do Kernel, 2.6.38, que inclue o famoso parche das 200 liñas e algunha “cousiña” mais.
Xa sabedes, a descargalo e a comentar:

mar 15
O meu peor pesadelo
O meu peor pesadelo está pasando agora en Xapón. Ainda por riba de sufrir un terremoto e tsunami devastadores, agora a ameaza nuclear. Todo está derruido, as poucas casas que quedan en pe sen luz, auga nin gasolina para escapar si é que ainda tes o coche, e as autoridades obrigando a xente aterrorizada a permañecer nas casas para evitar a contaminación. Se xa era pouco comeza a chover e as particulas radiactivas can o chan misturadas ca auga. ¿Que poden pensar uns pais cos seus fillos na casa, atrapados, a escuras, con frio, e a comida que supoño que escaseando pouco a pouco, e sen saber si todo pode ser peor ainda?
Vexo as fotos e videos que pululan por internet e non podo creer o que está a pasar. O que mais me impactou foi ver unha nai co seu fillo no colo sendo testado por un medidor de radioactividade. ¿Que che pasará pola cabeza cando vives iso? Nudo no estómago e sabor a metal na lingua. Primeiro o inimigo visible e logo o invisible.
Moitas veces de noite soño ca morte radiactiva. Non coa explosión, senon coa contaminación. É horrible, e non fago mais que correr e buscar os meus para escapar dese inferno. Pero esta xente non está soñando, está vivindoo.
Fai case un par de anos escribin unha entrada sobre Chernobil, pensando que aquilo non debía repetirse, pero por desgracia…
36 comments

